Cultura

Premio de Novela "Manuel García Barros"

PREMIO DE NOVELA «MANUEL GARCÍA BARROS»

 

El Excmo. Ayuntamiento de A Estrada, sensible con el proceso cultural de Galicia, entiende que uno de los bienes más preciados de esta Comunidad es lo de la creación literaria, aspecto de salientable significación en el marco de la Lengua y de la Cultura, que redunda en un amplio desarrollo de la propia identidad. En este marco de referencia se entiende que cualquier estímulo positivo facilita y posibilita una mejora en el campo de la Literatura y es por lo que así entendido, en el proceso de normalización cultural, crea: El PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS” (KEN KEIRADES). Además, de este modo, quiere testimoniar la admiración y respeto y mantener la presencia del ilustre académico y galleguista DON MANUEL GARCÍA BARROS, maestro e hijo de este Ayuntamiento, contribuyendo así a la difusión de su persona y más la importante acerca que su obra hizo a las Letras Gallegas.
El Excmo. Ayuntamiento de A Estrada en colaboración con la Xunta de Galicia por medio de la Secretaría General de Política Lingüística y la Editorial Galaxia convoca el XXXVII PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS” (KEN KEIRADES), con una dotación económica de 9.000 euros, que se regirá por las siguientes:

BASES XXXVII PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS”

PRIMEIRA
Poderán concorrer ao premio autoras e autores de calquera nacionalidade que presenten os orixinais escritos, acordes coa normativa oficial vixente en lingua galega, agás os gañadores das últimas 5 edicións. Os textos presentados deberán ser inéditos e totalmente orixinais.

SEGUNDA
Os orixinais serán presentados por quintuplicado en papel tamaño folio ou en holandesa, mecanografados a dobre espazo e encadernados en espiral, acompañadas dun CD ou pendrive no que se incluirá a obra en formato PDF, antes do 31 de xaneiro de 2025 na Casa do Concello, Praza da Constitución, 1 – 36680 A Estrada (Pontevedra)

TERCEIRA
Con cada orixinal que deberá ser presentado baixo lema, xuntarase, en sobre pechado, o nome completo, enderezo e teléfono do autor ou autora, así como o título da novela.

Presentarase na plica unha declaración xurada conforme están ao corrente nas súas obrigas tributarias e coa seguridade social, e non están incursos en prohibición de percepción de obrigas públicas, e en xeral de cumprir os requisitos do artigo 13 da LGS 38/2003, así como fotocopia do DNI, NIE, pasaporte ou documento equivalente.

CUARTA
O premio terá unha dotación económica de 9.000 euros que se outorgará indivisiblemente nun único premio e suxeito ás retencións que, no seu caso, procedan.

O premio poderá xestionarse por tramitación anticipada de gastos, co obxecto de iniciar a tramitación no exercicio 2024, e adxudicar (disposición de gastos) e recoñecer o importe da obriga con cargo aos orzamentos de 2025, en concreto, na aplicación orzamentaria 2025/01/330/48100.

QUINTA
O xurado estará composto por cinco membros escolleitos entre recoñecidos persoeiros do mundo da cultura actuando un deles como secretario/a a proposta e en representación da Corporación do Excmo. Concello da Estrada. O premio concederase por maioría de votos.

SEXTA
As presentes bases publicaranse na web municipal http://www.aestrada.gal, na app do Concello e nas súas redes sociais.

O extracto da convocatoria desta subvención publicarase na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Posteriormente, a BDNS dará traslado do extracto desta ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para a súa publicación.

SÉTIMA
A composición do xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicará oportunamente.

OITAVA
Unha vez emitida a resolución do xurado, procederase á apertura da plica gañadora no curso dun acto público na data e lugar que se anunciarán oportunamente.

NOVENA
O premio poderá ser declarado deserto.

DÉCIMA
O acto de entrega do devandito XXXVII PREMIO DE NOVELA “MANUEL GARCÍA BARROS” (KEN KEIRADES), será no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.

UNDÉCIMA
O Excmo. Concello da Estrada resérvase, durante o prazo dun ano, os dereitos de publicar a obra premiada, en todas as linguas do Estado, en formato físico e dixital. Neste sentido, o autor ou autora renuncia a favor do Concello da Estrada, na primeira edición en papel, a calquera tipo de remuneración polos seus dereitos de autor. A obra premiada será publicada pola Editorial Galaxia.

DUODÉCIMA
Os textos non premiados poderán ser retirados no Departamento de Cultura do Concello da Estrada, previa presentación de solicitude, por correo-e ou teléfono. O impreso de retirada será asinado polo autor ou autora no momento da súa recollida, nun prazo de quince (15) días contados a partir do seguinte ao da comunicación do xurado. Aqueles que non sexan retirados no prazo indicado serán destruídos, sen que proceda ningunha reclamación ao respecto.

DÉCIMO TERCEIRA
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como as decisións do xurado designado, que serán inapelables.”

Descargar bases.

Scroll al inicio
Ir al contenido