INSTITUTO DE ESTUDOS DO TERRITORIO
RESOLUCIÓN do 26 de novembro de 2024 pola que se aproban as bases reguladoras para a concesión, en réxime de concorrencia non competitiva, das axudas para actuacións de corrección de impactos paisaxísticos destinadas a persoas físicas, xestionadas polo Instituto de Estudos do Territorio, e se establece a súa convocatoria para o ano 2025 (código de procedemento MT402A), tramitado como expediente anticipado de gasto.
En concreto, poderán ser obxecto de subvención as seguintes actuacións:
a) Actuacións de restauración e/ou revestimento de elementos de fachada.
b) Remate, renovación e/ou substitución do acabamento exterior de cubertas.
c) Recuperación, restauración e/ou revestimento de muros de peche de terreos.
En ningún caso se subvencionarán actuacións que non teñan carácter integral. Enténdese por actuación de carácter integral aquela intervención que garante a corrección do impacto paisaxístico que xustificou a concesión da subvención. Non serán, polo tanto, subvencionables aquelas actuacións de carácter parcial que non abrangan a totalidade dos paramentos degradados dun inmoble e/ou o arranxo ou substitución de todos os panos dunha cuberta en mal estado.
Persoas beneficiarias e requisitos das solicitudes:
1. Poderán ser beneficiarias desta subvención as persoas físicas titulares dun inmoble ou ben sobre o que pretendan realizar algunha/s das actuacións establecidas no ordinal segundo da presente resolución.
2. Só caberá presentar unha solicitude por persoa e ben. Cada solicitude poderá conter varias actuacións.
3. A persoa solicitante deberá ser propietaria do terreo, inmoble ou ben en que se pretende realizar as actuacións e deberá acreditar a súa plena dispoñibilidade, como mínimo, durante o período en que se manteñen as obrigas que asume o beneficiario da axuda previstas no ordinal 19.
Todas as actuacións deberán contar, sempre e en todo caso, coa comunicación previa ou, de ser necesaria, a correspondente licenza municipal.
O importe da subvención será do 70 % do orzamento do investimento subvencionable (orzamento aceptado polo Instituto de Estudos do Territorio tendo en conta o valor de mercado), co límite máximo de 3.000 € por solicitante e ben.
O prazo de presentación de solicitudes será dun (1) mes e iniciarase en 7 días hábiles contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia
APERTURA PRAZO SOLICITUDE: 20 DE XANEIRO
A axuda tramitase obrigatoriamente por MEDIOS TELEMATICOS.
Toda a INFORMACIÓN: https://www.xunta.gal/dog/
Se precisas axuda para a tramitación desde o departamento de emprego do Concello da Estrada botámosche unha man; podes chamarnos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas ou pasarte directamente polas nosas oficinas sen necesidade de cita previa.