OS SEUS DATOS SEGUROS
Información en cumprimento da normativa de protección de datos persoais
En Europa e en España existen normas de protección de datos pensadas para protexer a súa información persoal de obrigado cumprimento para a nosa entidade.
Por iso, é moi importante para nós que entenda perfectamente que imos facer cos datos persoais que lle pedimos. Así, seremos transparentes e darémoslle o control dos seus datos, cunha linguaxe sinxela e opcións claras que lle permitirán decidir que faremos coa súa información persoal.
Por favor, se unha vez lida a presente información lle queda algunha dúbida, non dubide en preguntarnos. Moitas grazas pola súa colaboración.
Quen somos?
| Denominación: | CONCELLO DA ESTRADA |
| CIF / NIF: | P3601700B |
| Actividade principal: | CONCELLO |
| Enderezo: | PRAZA DA CONSTITUCIÓN, Nº 1, 36680 – A ESTRADA (Pontevedra) |
| Teléfono: | 986570165 |
| Correo electrónico: | secretaria@aestrada.gal |
| Páxina web: | http://www.aestrada.gal |
Para que imos usar os seus datos?
Con carácter xeral, os seus datos persoais serán usados para poder relacionarnos con vostede e poder prestarlle os nosos servizos, incluíndo tamén o comercio electrónico, consistente na compra e venda de produtos ou de servizos a través de medios electrónicos.
Así mesmo, tamén poden ser usados para outras actividades, como enviarlle publicidade ou promocionar as nosas actividades.
Por que necesitamos usar os seus datos?
Os seus datos persoais son necesarios para poder relacionarnos con vostede e poder prestarlle os nosos servizos, incluídos os de comercio electrónico. Neste sentido, poñeremos á súa disposición unha serie de casiñas que lle permitirán decidir de maneira clara e sinxela sobre o uso da súa información persoal.
Quen vai coñecer a información que lle pedimos?
Con carácter xeral, só o persoal da nosa entidade que estea debidamente autorizado poderá ter coñecemento da información que lle pedimos.
Do mesmo xeito, poderán ter coñecemento da súa información persoal aquelas entidades que necesiten ter acceso á mesma para que poidamos prestarlle os nosos servizos.
Así mesmo, terán coñecemento da súa información aquelas entidades públicas ou privadas ás cales esteamos obrigados a facilitar os seus datos persoais con motivo do cumprimento dalgunha lei.
Como imos protexer os seus datos?
Protexeremos os seus datos con medidas de seguridade eficaces en función dos riscos que implique o uso da súa información. A nosa entidade aprobou unha Política de Protección de Datos e realízanse controis e auditorías anuais para verificar que os seus datos persoais están seguros en todo momento.
Enviaremos os seus datos a outros países?
A nosa política é non enviar a súa información persoal a ningún país que non sexa seguro desde o punto de vista da protección dos seus datos.
Durante canto tempo imos conservar os seus datos?
Conservaremos os seus datos durante a nosa relación e mentres nos obriguen as leis. Unha vez finalizados os prazos legais aplicables, procederemos a eliminalos de forma segura e respectuosa co medio ambiente.
Cales son os seus dereitos de protección de datos?
En calquera momento pode dirixirse a nós para saber que información temos sobre vostede, rectificala se fose incorrecta e eliminala unha vez finalizada a nosa relación. Tamén ten dereito a solicitar o traspaso da súa información a outra entidade (portabilidade).
Para solicitar algún destes dereitos, deberá realizar unha solicitude escrita ao noso enderezo. Para saber máis, consulte a Axencia Española de Protección de Datos.
Pode retirar o seu consentimento?
Vostede pode retirar o seu consentimento se cambia de opinión sobre o uso dos seus datos en calquera momento.
Onde pode formular unha reclamación?
No caso de que entenda que os seus dereitos foron desatendidos, pode formular unha reclamación na Axencia Española de Protección de Datos:
- Sede electrónica: www.aepd.es
- Enderezo postal: C/ Jorge Juan, 6 – 28001 Madrid
- Teléfono: 901 100 099 / 91 266 35 17
Elaboraremos perfís sobre vostede?
A nosa política é non elaborar perfís sobre os usuarios dos nosos servizos.