- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » Villamayor Martínez, Gumersindo
Menu
Close
Villamayor Martínez, Gumersindo
Biografía
Nacín na Parroquia de Olives ( A Estrada) no ano 1.962. Neto de estraperlistas vidos a menos, e fillo de obreiro e agricultores, tiven por primeiro mestre a D. Manuel Constenla, mestre da escoA DE Lamas, entre os anos 1.966 e 1.973. Emigrei coa miña familia para Francia, voltando para instalarnos definitivamente na Galiza.
Tras o paso polo Seminario Franciscano de Herbón, iniciei os meus estudos de Bacharelato no Instituto da Estrada entre os anos 1.978 e 1.982. Foi neste Centro onde espertou a miña conciencia nacionalista, sen dúbida polo maxisterio do catedrático de Lengua Francisco Rodríguez Sánchez Por primeira vez participei na escenificación de obras de teatro de autores galegos e mesmo asistín ás representacións que tiñan lugar en Santiago, marcándome a experiencia de woyzeck e Dorotea Bárcena.Asistimos ás primeiras charlas sobre a cultura e a literatura galegas da man de autores, hoxe clásicos, coma Manuel María, Lois Diéguez…
Definitivamente foi a miña chegada á Universidade de Santiago de Compostela o que supuxo a determinación de que ía ser clave no meu pensamento: o nacionalismo.
Cursei estudos de Xeografía e Historia entre os anos 1.982 e 1.987, especializándome como Xeógrafo. Alí puiden asistir a conferencias de clásicos literatos e historiadores galegos. Os propios contados académicos obrigábannos a ter unha formación multidiciplinar. Isto fixo que coñecese as opinións de primeira man de persoeiros importantes nos derradeiros 25 anos do século XX: Aranguren,Saraiva de Carvalho, Lluis Llach, Ramón Tamames…
Unha vez rematada a miña formación académica traballei como asesor en temas históricos e xeográficos á daquela pioneira experiencia do Turismo Rural no Concello da Estrada; posteriormente desempeñei as mesmas tarefas no Concello da Veiga.
A principios dos noventa participei como poñente no Congreso sobre García Barros,analisando os compoñentes innovadores do punto de vista pedagóxico na obra do autor de Callobre. Coincidindo con esta etapa dirixín o xornal “ Contrarretranca” durante dous anos, sendo un referente xa na historia das publicacións periódicas no Concello da Estrada. Na actualidade son propietario dun pequeno negocio relacionado coas artes gráficas. E un modesto revolucionario”.
É autor da extensa unidade titulada “ Silencio Interior” inserida na HISTORIA DA LITERATURA GALEGA ( ASPG – A Nosa Terra, 1.996) en col do período da nosa historia literaria que abrangue dende 1.940 a 1.950, e centrando o traballo sobre a eminente figura de D. Ricardo Carvalho Calero.
Obra
Auto de Nadal Autor: Ventin Cerviño, Segundo
Editorial: Edicións Fervenza
Descripción: Pequena peza teatral, que coma ben nos presenta no título, describe o nacemento da figura de Xesús de Nazaret.
O rei de Ovisterre Autor: Ventin Cerviño, Segundo
Editorial: Edelvives
Páxinas: 45 Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica