Turismo

Festas

  • Festa do Salmón

Celébrase no pobo da Estrada. A primeira Edición do Salmón celebrouse na Estrada no ano 1974. Se vai bo tempo sitúase unha carpa na Alameda do Concello e se, pola contra, vai mal tempo este festexo celébrase dentro da Praza de Abastos. Ten o seu día marcado no calendario, xa que é sempre a terceira fin de semana do mes de maio. A Degustación Popular é o evento principal da festa. O domingo pola mañá entre as 12 e as 15 horas todo aquel que se achegue ao pobo pode degustar por un módico prezo simbólico por bono que vale para a degustación dun prato. Unha gran cantidade de bandexas son expostas para que a xente poida elixir e saborear. Asociacións, panaderías e restaurantes son os principais colaboradores que presentan todos os anos innovadores delicatessens elaborados a base de salmón como principal ingrediente.

Rapa das Bestas de Sabucedo é o nome do curro que cada ano se celebra en Sabucedo durante tres días, o primeiro sábado, domingo e luns de xullo.Na actualidade ten máis de 600 cabalos, chamadas bestas ás femias e garañóns aos machos, divididos en 14 mandas, que viven libres nunha extensión de máis de 200 km² de monte. Esta celebración consiste, como noutros curros, en recoller os cabalos do monte, metelos no curro, rapalos e marcalos na actualidade con microchips. O de Sabucedo é o curro máis coñecido e presenta ademais trazos propios que o diferencian dos outros. Entre estas diferenzas a máis importante consiste en que en Sabucedo non se utilizan cordas, paus ou aparellos para reducir ao animal. Os “aloitadores”, que son os que se encargan de suxeitar á besta ou garañón mentres se procede a rapa, usan tan só a súa destreza e o seu corpo para realizar o seu labor. Outra especificidade de Rapa das Bestas de Sabucedo é que a “Baixada” ou actividade de xuntanza e condución das bestas ao lugar de Sabucedo forma parte da propia celebración e participan nela centos de persoas de Galicia e de fóra da comunidade. Outra tradición dentro da gran tradición que é rapa das Bestas de Sabucedo consiste en que o sábado pola mañá, moi cedo antes de subir ao monte, celébrase unha emotiva misa onde se pide a San Lorenzo (patrón de Sabucedo) para que non ocorra ningún accidente ou desgraza durante a festa.
  • San Paio – Festas Patronais

O día 26 de xuño teñen lugar, na honra a San Paio, as festas patronais da vila da Estrada ao que se lle dedica unha misa seguida dunha numerosa procesión. Durante eses días o pobo vístese de gala para acudir a todo tipo de festexos. Ao longo do día teñen lugar pasarrúas de bandas e grupos de gaitas. Realízanse tamén actividades para maiores e cativos como as atraccións ás que se pode acudir tanto de día como de noite. Xa de noite os concertos, as orquestras e demais actuacións enchen o pobo de xente ata altas horas da madrugada, cun ambiente festivo e de troula.
  •  Feira da Sidra

A Feira naceu como un vehículo para dar visibilidade aos produtores que recuperaron a tradición ancestral do cultivo da mazá e a producción de Sidra, que tradicionalmente se relaciona con comunidades como Asturias ou País Vasco, e sin embargo ten en Galicia unha histórica tradición que se perdiera esquezida durante moitos anos  e que dende hai varias décadas rexurdiu con forza.
Scroll ao inicio
Ir o contido