Trámites

Anuncios

INFORMACIÓN IMPORTANTE SOBRE A LIMPEZA DE FINCAS
 
11 de novembro de 2024

Nos últimos días, moitos veciños de A Estrada recibistes unha notificación do Servizo Agrario Galego (Seaga) para limpar as vosas parcelas que están situadas en zonas de protección contra incendios. Esta medida busca evitar que a biomasa e certas especies vexetais poidan supoñer un risco para as vivendas en caso de incendio, especialmente de cara ao verán.

Prazo de limpeza ampliado ata abril de 2025.

Para facilitar esta tarefa, o Concello da Estrada negociou co SEAGA un prazo ampliado para que poidades facer a limpeza con calma. Agora, tedes ata o 30 de abril de 2025 para completar os traballos.

Paso importante: Para poder beneficiarse deste prazo ampliado, é necesario cubrir un formulario de solicitude de prórroga, onde vos comprometedes a ter a parcela limpa antes desa data.

Documentación e ferramentas dispoñibles:

  1. Lista de especies a limpar:
    As especies que deben ser retiradas das franxas de protección de 50 metros, segundo a Lei 3/2007, inclúen:

Pino galego (Pinus pinaster)
Pino silvestre (Pinus sylvestris)
Pino de Monterrei (Pinus radiata)
Pino de Oregón (Pseudotsuga menziesii)
Mimosa (Acacia dealbata)
Acacia negra (Acacia melanoxylon)
Eucalipto (Eucalyptus spp.)
Brecina (Calluna vulgaris)
Carquesa (Chamaespartium tridentatum)
Retama (Cytisus spp.)
Brezo (Erica spp.)
Piorno (Genista spp.)
Fento (Pteridium aquilinum)
Silveira (Rubus spp.)
Toxo (Ulex europaeus)
Estas especies deben ser xestionadas e eliminadas adecuadamente para cumprir coa normativa de prevención de incendios .

  1. Mapa de franxas de protección: Consulta este mapa para ver se a túa parcela está incluída na zona de protección. Podes velo aquí:
    https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/
  2. Consulta a lei completa: Se queres saber máis sobre as normativas, podes ler a Lei 3/2007 de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia.
    https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-10022

Como solicitar a prórroga?

Accede ao formulario de solicitude de prórroga e outros trámites relacionados na nosa web:

Cubre o formulario e preséntao para formalizar a extensión do prazo.

Precisas axuda?

Se tes calquera dúbida ou precisas axuda para completar os trámites, non dubides en contactar co Concello. Estamos aquí para axudar e asegurarnos de que todos poidades cumprir con esta obriga de forma sinxela e segura.

INFORMACIÓN RELATIVA Ó PLAN MUNICIPAL DE PREVENCIÓN DE INCENDIOS DO CONCELLO DA ESTRADA
 
25 de outubro de 2024

Facilítase a ligazón para a consulta da lexislación vixente en materia de incendios, a Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en especial os artigos 21 e 22 de dita norma e a Disposición adicional terceira, na que se determinan as especies a efectos da xestión da biomasa vexetal:

https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-10022

Facilítase ligazón ó visor das faixas de prevención na que localizar a parte afectada utilizando a referencia catastral da parcela.

https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

ANUNCIO INFORMACIÓN PÚBLICA – DESAFECTACIÓN CAMIÑO PÚBLICO EN ZONA DE CONCENTRACIÓN PARCELARIA DE LAGARTÓNS

18 de abril de 2024

O Concello Pleno, na súa sesión celebrada en data 01.02.2024, previos os informes e trámites preceptivos, aprobou inicialmente a desafectación do tramo de camiño público de titularidade municipal radicado entre as leiras núms. 60, 61 e agrupadas 62, 63 e 64 da Zona de Concentración Parcelaria de Lagartóns (de 142,00 m² de superficie), declarándoo provisionalmente como ben patrimonial en calidade de parcela sobrante.

ANUNCIO INFORMACIÓN PÚBLICA – DESAFECTACIÓN CAMIÑO PÚBLICO EN BARCALA

18 de abril de 2024

O Concello Pleno, na súa sesión celebrada en data 01.02.2024, previos os informes e trámites preceptivos, aprobou inicialmente a desafectación do tramo de camiño público de titularidade municipal que discorre entre as leiras núms. 569, 570, e remata no linde coa núm. 568 da Zona de Concentración Parcelaria de Barcala (de 130,00 m² de superficie), declarándoo provisionalmente como ben patrimonial en calidade de parcela sobrante.

ANUNCIO DA APROBACIÓN INICIAL DO ESTUDO DE DETALLE PARA PARCELAS RESIDENCIAIS DO ÁMBITO SUD-R06-AVENIDA DE MARÍN

14 de decembro de 2023

A Xunta de Goberno Local, na súa sesión de data 13.11.2023, adoptou, entre outros, o acordo de aprobar inicialmente o documento do Estudo de Detalle para parcelas residenciais do ámbito SUD-R06-Avda. de Marín, redactado e asinado dixitalmente polo arquitecto, D. Alejandro Trigo Castro, en data 25.10.2023 (sen visado colexial).

Este acordo determina a suspensión do procedemento de outorgamento de licenzas de parcelación de terreos, edificación e demolición no ámbito do territorio obxecto do mesmo no caso en que as novas determinacións do mesmo supuxesen a modificación da ordenación urbanística vixente.

Scroll ao inicio
Ir o contido