Servizos Sociais

Preguntas frecuentes

1. ¿Cómo podemos clasificar as drogas?

Non é aceptable a clasificación de legais  ou ilegais  porque xenera escasa percepción de risco nas consideradas legais (alcohol, tabaco). A clasificación máis aceptada hoxe basease nos efectos sobre o sistema nervioso central e como consecuencia sobre o cerebro e o resto do organismo.  Así dividimos as substancias en : depresoras (atenúan o funcionamento do cerebro, ex: alcohol, benzodiacepinas, cannabis), estimulantes (aceleran o funcionamente do cerebro, ex: cocaína, anfetaminas), perturbadoras (alteran estados de conciencia e percepción da realidade, ex: drogas de síntese, derivados do cannabis, etc) Algunhas substancias comparten propiedades de estimulación/perturbación ou depresión/perturbación.

 

2. ¿Por qué nos enganchamos ás drogas?

Porque o organismo se adapta a elas como consecuencia do seu consumo reiterado e establece unha relación de dependencia coa substancia. A medida que se establece a dependencia o consumo faise cada vez máis necesario para evitar  a síndrome de abstinencia, á vez que se produce unha disminución progresiva dos efectos das drogas. Desta forma se produce a necesidade de ir aumentado a dose coa fin de alcanzar os efectos iniciais. A este fenómeno se lle chama tolerancia.

 

3. ¿Pódese controlar a cantidade que se consume?

Non, porque os propios efectos das substancias alteran a nosa capacidade de exercer un control sobre o seu consumo, é dicir, alteran a nosa capacidade de análise da realidade e de toma de decisión sobre os consumos que realizamos.

 

4. ¿Qué efectos se producen cando falta a droga e hai dependencia?

Se produce síndrome de abstinencia, que en moitos casos require de atención médica. Os síntomas máis habituais son: ansiedade, nerviosismo, alucinacións, sudoración, temblores, calafríos, dificultade para dormir, vómitos e outros.

 

5. ¿Todas as drogas están adulteradas?

A maior parte sí, porque o obxectivo é acadar maior beneficio económico e coa mesma cantidade, conseguir máis doses. Estes adulterantes varían según a droga e poden producir danos difíciles de predecir. Algúns destes adulterantes son: talco, xiz, xeso, productores de limpeza, etc.

 

6. ¿A drogodependencia é unha enfermidade?

Sí, porque afecta a aspectos físicos, psíquicos e sociológicos do individuo, é dicir, á saúde en xeral, pero ten un aspecto diferencial, a decisión sobre o seu consumo   tanto no inicio como no mantemento e no posible tratamento é unha responsabilidade do individuo.

 

7. ¿Consumir varias substancias aumenta o perigo para a sáude?

Sí, multiplica os riscos. É o que se chama policonsumo e é o máis habitual. De feito, é difícil atopar persoas que consuman  unha  única substancia, aínda que é frecuente que se consuma unha delas de forma principal (ex: alcohol, botellón).

 

8. ¿Cando se produce unha sobredose?

Cando  introducimos no organismo máis substancia do que é capaz de metabolizar. Pode producir coma ou morte.

 

9. ¿Por que é importante a educación na prevención?

Educar aos individuos para que manteñan relacións responsables coas drogas, para que aprendan a afrontar a vida e as súas diferentes situacións sen recurrir a elas é un dos principais obxectivos da prevención. Para eso a formación en valores, hábitos, actitudes e habilidades persoais e sociais é de vital importancia e a educación é o medio axeitado para eso.

 

10. ¿En que campos se desenvolve a  prevención?

En catro ámbitos: familiar, escolar, laboral e comunitario. Actualmente existen programas de prevención para cada un destes ámbitos, aínda que os máis relevantes son: familiar e escolar.

 

11. ¿Hai que falar de drogas para evitar o consumo?

As drogas existen en tódalas sociedades polo que é necesario que as persoas coñezan os seus riscos de forma clara. A información é necesaria pero non suficiente. Se non damos información axeitada, arriscámonos a que se busque información por outros medios que quizais non estean suficientemente preparados/informados (televisión, amigos, etc).

 

12. ¿Por que se consumen drogas?

Non hai unha única causa, distintas variables interactúan dando como resultado un consumo. A estas variables se lles chama factores de risco. Os factores de risco son aquelas características da persoa, da substancia e do entorno que incrementan a posibilidade de que unha persoa consuma drogas ou que este consumo lle cause problemas .

 

13. ¿Cales son os factores de risco?

Os factores de risco clasifícanse en tres grupos: factores de risco vinculados á substancia, ao individuo e ao ambiente. A interacción dos tres ofrece a posibilidade de ser ou non consumidor de drogas.

 

14. ¿Existen persoas máis vulnerables ao consumo de drogas?

Hai algunhas características individuais que fan máis probable o inicio dun consumo cando este interactúa con factores de tipo social e os propios das substancias. A baixa autoestima, dificultade para tomar decisións, intolerancia á frustación, etc poden ser factores que inclinen ao individuo cara o consumo.

 

15. ¿Que síntomas poden axudar a detectar un abuso das drogas?

Algúns dos síntomas que poden indicar a posibilidade dun consumo habitual de drogas son: empeoramento do aspecto físico e falta de coidado persoal (hixiene, roupa..), cambios no estilo de vida (perda de interese en actividades, tendencia ao illamento), cambios no estado de ánimo e nos ritmos de vixilia e sono, pasividade e indiferencia no seu entorno, aumento das necesidades económicas. En todo caso, como este tipo de signos hai que tomalos con cautela, debemos falar coa persoa concreta e buscar asesoramento profesional.

 

16. ¿Cal é a idade media de inicio do consumo?

A idade media de inicio é distinta para cada substancia. Alcohol e tabaco sitúanse entre os 13-14 anos. Tras ela o consumo de cannabis arredor dos 15 anos. A partir dos 15 se inician os consumos de estimulantes como cocaína, anfetaminas,etc.

Sen embargo, o intervalo de idade onde se produce un maior consumo de drogas está entre os 20-24 anos, nestas idades realízase un consumo frecuente e abundante de de drogas legais e ilegais. En idades anteriores comezan a iniciarse no consumo é en posteriores tenden a reducirse, quedando os que se convertiron en drogodependentes.

 

17. ¿O consumo de drogas está únicamente asociado á xuventude?

Non, está extendido a tódolos intervalos de idade. A idade é un dos factores de risco, pero non é o único. Sen embargo, hai que ter presente que a maioría dos drogodependentes comezaron a consumir a idades tempranas, mantendo o consumo ata desencadear unha adicción.

Scroll ao inicio
Ir o contido