- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Servizos Sociais
Home » Servizos Sociais » Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
Menu
Close
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Sanidade
- Centro de Información ás Mulleres, (CIM)

Programa "+Benestar" 2024 (Antigo Depotermal)
ORGANIZA: Deputación Provincial de Pontevedra en Colaboración co Concello da Estrada.
Consiste na estancia de seis días e cinco noites (entrada os domingos pola tarde e saída os venres despois de comer) en un hotel con balneario, talaso, spa ou outras instalacións de características similares da provincia, en réxime de pensión completa e con actividades de animación sociocultural.
BENEFICIARIOS:
- Estar empadroadas na provincia de Pontevedra
- Ter 55 anos ou máis
- No suposto de ter menos de 55 anos, deberá darse algunha das seguintes circunstancias:
- Ter recoñecido un grao de discapacidade igual ou superior ó 65 %, o que se acreditará coa tarxeta ou co certificado de recoñecemento do grao de discapacidade.
- Posuír a condición de pensionista polos conceptos de xubilación, invalidez, viuvez e outras pensións.
- Ter acreditado, polos servizos sociais comunitarios básicos do Concello, un respiro familiar.
- Non sufrir ningunha enfermidade ou patoloxía incompatible coa actividade do programa.
- Non padecer alteracións de comportamento que poidan perturbar a normal convivencia nos establecementos nin enfermidades con risco de contaxio.
- Poder realizar as actividades elementais da vida diaria de forma autónoma.
PRAZO DE PRESENTACION DAS SOLICITUDES:
O prazo de presentación da solicitudes permanecerá aberto dende 16/08/24 ata 05/09/24
PRESENTACION DAS SOLICITUDES:
- Por vía electrónica a través do formulario normalizado dispoñible na Sede electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.gal)
- No departamento de Servizos Sociais do Concello de A Estrada de maneira presencial.
Cada participante deberá presentar unha solicitude individual, incluso naqueles supostos nos que sexan persoas casadas, parellas de feito ou situacións análogas, conviventes no mesmo domicilio, persoas con vínculos familiares, de amizade ou afinidade, entre outros. Deberán cubrirse todos os apartados da solicitude, sinalar unicamente un establecemento termal para cada modalidade do programa e asinar debidamente.
Independentemente da obriga de que cada persoa formule a súa propia solicitude de xeito individual, quen desexe participar nas mesmas datas e no mesmo establecemento hostaleiro debe indicar no apartado “Observacións” da solicitude o nome, os apelidos e o DNI da persoa ou persoas coas que quere coincidir. Estes datos utilizaranse unicamente para xestionar as habitacións nos establecementos elixidos.
Para máis información diríxase ó Departamento de Servizos Sociais, na planta baixa do Concello de 9:00 a 14:00 ou chamando ao teléfono 986573265.