Servizos Sociais

Campamentos de Nadal 2024-2025

A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos(escolarizados) e empadroados no Concello da Estrada.DATAS E HORARIO: 23,24,26,27,30 e 31 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro. En horario de 8:30 a 14:30.PRAZAS: 30 rapaces/as nas instalacións de SOEI e 15 rapaces/as no Espazo Concilia.LUGAR DE CELEBRACION:
  • Instalacións de SOEI
  • Espazo Concilia (Novo Mercado)
PRAZO DE INSCRICIÓN: do 2 ó 13 de decembro (ambos incluídos)COTA DE INSCRICIÓN:
  • O prezo será de 30€ por participante
  • O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (24€ ), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto.
PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal).A documentación a presentar xunto coa solicitude, é a seguinte:
  • Libro de familia (só si solicita bonificación por 2º/3º irmán participante)
  • Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota á S.S. no réxime especial de traballadores por conta propia.
  • Descargar ficha de inscrición.
No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades:
  1. Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco.
  2. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición da actividade.
  3. Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa ou monoparental.
  4. Orde de entrada das solicitudes.
Scroll ao inicio
Ir o contido