- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » Sanmartín Rei, Goretti
Menu
Close
Sanmartín Rei, Goretti
Biografía
Naceu na Estrada no ano 1.964. Fixo os seus estudos na Estrada, pasando posteriormente a licenciarse en Filoloxía Galego – portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela. É doutra pola Universidade da Coruña coa Tese “ Os paratextos galegos ( 1.916 – 1.936). Análise sociolingüistica dos prólogos”.
Profesora de Lingua e Literatura galegas do Instituto de Idiomas da Universidade de Santiago e de ensino secundario en Santiago de Compostela, A Pobra do Caramiñal e Boqueixón; é na actualidade profesora Titular de Universidade na área de Filoloxía Galega e Portuguesa do Departamento de Galego – Portugués, Francés e Lingüistica da Universidade da Coruña,institución en que nestes momentos dirixe o Servizo de Normalización Lingüistica.
Publicou as obras O TEATRO DE XAN DA COVA ( LA GALICIANA MARÍA PITA) ( Biblioteca – arquivo Teatral F. Pillado Mayor, 2.002), LENDO NAS MARXES. LINGUA E COMPROMISO NOS PARATEXTOS “(1.863-1.936) ( Espiral Maior, 2.002) e OS ( PRE) TEXTOS GALEGOS ( 1.863-1.936). ESTUDIO E ESCOLMA DOS PRÓLOGOS ( Sotelo Blanco, 2.002). É coautora de varios libros de texto realizados baixo a supervisión da Asociación Socio- Pedagóxica Galega e todos eles publicados por “ Promocións Culturais Galegas”. Así temos: “ Lingua e Literatura 1º ESO” ( 1.996), “ Lingua e Literatura 2º ESO” ( 1.997) “ Lingua e Literatura 3º ESO” ( 1.999) , “ Lingua e Literatura 4º ESO” ( 1.999) e “ Lingua 1º bacharelato” ( 1.999). Ademais colaborou coa unidade “ A prosa didáctica” na HISTORIA DA LITERATURA GALEGA ( ASPG – A Nosa Terra, 1.996) e tamén realizou a ANTOLOXÍA DA PROSA DIDÁCTICA, SÉCULO XX ( ASPG – A Nosa Terra, 1.997). Escribiu o artigo “ O estilo de Ramón Otero Pedrayo”, en colaboración con Carme Fernández, publicado en ESTUDOS DEDICADOS A RICARDO CARVALHO CALERO ( Parlamento de Galicia / Univ. de Santiago de Compostela, 2.000). Realizou, en colaboración con Mª Pilar García Negro, a “ Edición, introdución e notas” á obra de Ramón Vilar Ponte O FEITO LINGÜISTICO GALEGO ( ASPG, 2.001). Asimesmo, en colaboración con Manuel Ferreiro, realizou a “ edición, introdución e notas” da obra de Ramón Cabanillas A VIRXEN DO CRISTAL. LENDA DE CURROS ENRÍQUEZ AXEITADA PARA ÓPERA (Biblioteca- Arquivo teatral F. Pillado Mayor, 2.002). Ademais escribiu o artigo “ O agoiro profético dos novos tempos: reflexións sociolingüisticas non prefacios de Ribalta” para a HOMENAXE AO PROFESOR PÉREZ RIESCO
( Universidade da Coruña, 2.002)