Cultura

Rodríguez Ribeira, Bernardo

Biografía

Naceu na aldea de Pouso – San Xiao de Vea ( A Estrada) no ano 1.853.

Despois á escola parroquial, no ano 1.865 vai estudar para o Seminario Conciliar de Santiago de Compostela.

Permanece no Seminario ata cursar o primeiro ano de Filosofía. Perante o temor de ser chamado para formar parte do exército e ante  o seu pacifismo decide abandonar un futuro no sacerdocio e coller o camiño da emigración.

Así a finais do ano 1.873 colle rumbo a Buenos Aires. Cos recén cumpridos 21 anos chegou á Arxentina onde, debido á súa formación, lle foi moito máis doada a integración. 

Así no ano 1.881 confíanlle a clasificación da ampla e variada biblioteca da Universidade de Buenos Aires. O seu bo labor levarao á  máxima consideración dentro desta Universidade.

Asimesmo mergullarase nos ambientes literarios da cidade, e converterase nun asiduo colaborador de diferentes xornais e revistas coma “ Eco de Galicia”, “ Almanaque gallego”… Viaxou a Galiza de visita no ano 1.905. No ano 1.916 xubilarase como contador – bibliotecario da Universidade de Buenos Aires.

Serian moitísimos os premios   honoríficos que se lle concederon, e moitos os cargos que desempeñou nas máis  variadas entidades galegas, especialmente culturais, coma “ Membro Correspondente” da Real Academia Galega da Coruña ( 1.905), Vicepresidente do “ Centro Gallego de Buenos Aires” ( 1.913), “ Presidente Honorario” da  “ Sociedade Hijos de La Estrada” ( 1.915),  Presidente da “ Asociación Protectora de la Real Academia Gallega” ( 1.919), etc…

Con sesenta e sete anos voltou de novo de visita á súa terra. Nesta viaxe D. Manuel Murguía, Presidente da Real Academia Galega,  proponlle a presidencia da sesión dun acto a celebrar en Mondariz no 1.920, xentileza que Bernardo non aceptou debido á súa modestia.  

Volta á Arxentina, onde finará no ano 1.924. No ano 2.002 o Concello da Estrada adicaralle o ano á honra da súa figura.

A súa pluma elaborou dos máis variados relatos e artigos espallados en diferentes xornais e revistas da época.  Estes relatos e artigos serán recolleitados por  D. Olimpio Arca Caldas na obra BERNARDO RODRÍGUEZ RIBEIRA: EMIGRANTE SOBRANCEIRO ( Fundación Cultural da Estrada, 2.002).

 

Scroll ao inicio
Ir o contido