- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Radio Estrada participou no cumio de 240 emisoras de radio locais que reafirman a súa vontade de cooperar en rede a escala global
A Asociación de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA) exerceu de anfitriona do encontró, que se celebrou en Santiago de Compostela, no que tamén participan representantes de EMA RTV (Andalucía), RTV Cardedeu La Xarxa (Cataluña) e a Rede de Medios Comunitarios
A sesión de traballo, que comezou o martes e prolongouse durante toda a xornada do mércores na sede do Consello da Cultura Galega, busca amplificar o impacto da comunicación local a través da educación e o desenvolvemento sustentable
A sede do Consello da Cultura Galega (CCG) acolleu desde o martes e durante toda a xornada do mércores un encontro histórico con representantes de 240 emisoras de radio de todo o Estado español co obxectivo de reafirmar a súa vocación de traballar en rede para ter incidencia a escala global, pero sen perder as raíces locais; aliñar estratexias conxuntas, intensificar a colaboración e aproveitar sinerxias.
O encontro, organizado pola Asociación de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA), conta coa participación de EMA RTV (Andalucía), RTV Cardedeu La Xarxa (Cataluña) e a Rede de Medios Comunitarios (ReMC), que subliñan a importancia de reforzar os medios locais como ferramentas para o cambio social e ambiental.
O programa incluíu na tarde do martes un acto no que Henrique Sanfiz, secretario de EMUGA, destacou a colaboración entre entidades autonómicas e estatais como clave para lograr un impacto real. “Somos 240 radios, moi pequenas, que, se bailamos soas, chegamos a poucos sitios, pero, se bailamos todos ao mesmo paso na mesma dirección, podemos aspirar a poñer un grao de area para cambiar o mundo”, afirmou. Tamén subliñou a necesidade de combinar enfoques globais e locais no proxecto Onda ODS, baixo o lema “de medios locais a medios glocais”. Insistiu en que esta iniciativa é “multicultural e multilingüe, defendendo a lingua e a cultura de cada territorio”.
Pola súa parte, Xesús Domínguez, tenente de alcaldesa do Concello de Santiago de Compostela, deu a benvida aos participantes e salientou a relevancia da comunicación de proximidade: “Cando viaxamos buscamos descubrir outras culturas, maneiras de pensar e linguas… Isto é o que verdadeiramente enriquece a experiencia”. Domínguez agradeceu a presenza dos asistentes e resaltou o papel de Santiago como punto de encontro e reflexión.
Rosario Álvarez, presidenta do Consello da Cultura Galega, destacou o valor destas redes como ferramentas de cohesión nun territorio tan fragmentado como Galicia. “O desenvolvemento sustentable non pode esquecer a cultura; é o motor da sociedade e debe integrarse en todos os seus aspectos: humanísticos, científicos e tecnolóxicos”.
Ademais, subliñou “a importancia dos dereitos culturais. A cultura é un dereito; poder desfrutar a cultura da túa comunidade e recibir cultura debe ser un dereito”. Álvarez animou os presentes a fortalecer a colaboración entre emisoras e asegurou o apoio do Consello para seguir impulsando esta rede.
Medios locais con impacto global
Este encontro supón tamén o punto de partida para unha nova etapa no proxecto
Onda ODS impulsado pola devandita rede de emisoras de radio locais, que no ano
2025 chegará á súa terceira edición baixo o lema “De medios locais a medios glocais”. E na que como cada ano participará Radio Estrada para, en declaracións de Pablo García, vicepresidente de EMUGA. “Dinamizar e poñer en valor a interesantes
actividades que se desenvolven na nosa comarca”.
Esta iniciativa, desenvolvida en colaboración co Ministerio de Dereitos Sociais no marco da Axenda 2030, busca amplificar o impacto dos medios locais a través de tres liñas de acción que combinan a educación, a formación profesional e a sensibilización cidadá. Estes son os obxectivos:
- Impulsar a conciencia climática na mocidade:
A primeira acción estará centrada na mocidade de 16 centros educativos de cinco comunidades autónomas (dos cales dous son da Estrada). A través dun concurso radiofónico estatal, os estudantes reflexionarán sobre o impacto do cambio climático nas súas comunidades, promovendo un diálogo interxeracional e unha comprensión máis profunda deste desafío global.
- Formación en municipios rurais e vulnerables:
En 16 localidades (unha de incidencia directa de Radio Estrada) de ámbito rural e con maior vulnerabilidade social organizaranse coloquios radiofónicos destinados a comunicadores e xornalistas. Estes encontros tratarán temas como a pobreza, a igualdade de xénero e o cambio climático, co obxectivo de mellorar a calidade e a sensibilidade na cobertura mediática destes temas fundamentais.
- Campaña de sensibilización a nivel estatal:
Lanzarase unha campaña radiofónica e audiovisual dirixida a máis de dous millóns de persoas en 11 comunidades autónomas. Esta iniciativa buscará dar visibilidade a políticas públicas, proxectos cidadáns e iniciativas privadas que contribúen ao cumprimentodos ODS, destacando especialmente os esforzos realizados desde o ámbito local e rural.
Unha comunicación comprometida coas persoas e co planeta
Os medios locais non son simples transmisores de información; son espellos das súas comunidades, puntos de encontro para o debate e a reflexión, e ferramentas clave para promover o cambio social. Desde esta perspectiva, o proxecto Onda ODS e a colaboración entre redes como EMUGA, EMA RTV, ReMC e XAL apostan por unha comunicación que respecte a diversidade cultural e lingüística, ao tempo que actúe como motor de transformación social.
Con esta nova edición de Onda ODS, estas emisoras propoñen dar un paso máis: converterse en plataformas “glocais” que combinen o alcance global coas raíces locais, garantindo que ningunha comunidade quede atrás na loita por un futuro máis xusto, igualitario e sustentable.
Santiago de Compostela, que simboliza o encontro de camiños e culturas, é o escenario perfecto para dar forma a esta nova etapa. Desde aquí, a voz das radios locais e comunitarias segue a abrir camiños cara unha sociedade máis consciente e comprometida cos grandes retos que afrontamos como humanidade.