- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Trámites
Home » Proxectos Next Generation
Proxectos NextGenerationEU
AXUDAS A ENTIDADES LOCAIS DE GALICIA PARA O FINANCIAMENTO DE ACTUACIÓNS EN MATERIA DE RESIDUOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL, COFINANCIADAS POLO FONDO EUROPEO RELATIVO AO MECANISMO DE RECUPERACIÓN E RESILIENCIA DA UE NO MARCO DO PLAN DE RECUPERACIÓN, TRANSFORMACIÓN E RESILIENCIA, FINANCIADO POLA UNIÓN EUROPEO -NEXTGENERATIONEU.
O 21 de xullo de 2023, publicaronse no DOG as bases reguladoras para a concesión de axudas a entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións en materia de residuos de competencia municipal, cofinanciadas polo fondo Europeo relativo ao Mecanismo de Recuperación e Resiliencia da UE no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia – Financiado pola Unión Europea – NextGenerationEU, e se procede á súa convocatoria en réxime de concorrencia competitiva para os anos 2023 e 2024 (código de procedemento MT975S).
Esta orde ten por obxecto establecer as bases reguladoras polas que se rexerá a concesión de subvencións, polo procedemento de concorrencia competitiva, ás entidades locais e agrupacións de entidades locais de Galicia para o financiamento de actuacións encamiñadas a implementar a mellora na recollida de residuos, a través da mellora dos puntos limpos, puntos limpos de proximidade e puntos limpos móbiles, así como ao fomento da preparación para a reutilización e a autorreparación (código de procedemento MT975S), ao tempo que se fai pública a súa convocatoria para os anos 2023 e 2024. A axuda está cofinanciada nun 90 % con cargo aos fondos do Mecanismo de recuperación e resiliencia da Unión Europea, establecido polo Regulamento (UE) nº 2020/2094 do Consello, do 14 de decembro, polo que se establece o Instrumento de recuperación da Unión Europea para apoiar a recuperación tras a crise da COVID-19, e regulado segundo o Regulamento 2021/241 do Parlamento Europeo e do Consello, do 12 de febreiro polo que se establece o Mecanismo de recuperación e resiliencia. Resulta tamén de aplicación o Real decreto lei 36/2020, do 30 de decembro, polo que se aproban medidas urxentes para a modernización da Administración pública e para a execución do Plan de recuperación, transformación e resiliencia, así como a súa normativa comunitaria, estatal e autonómica de desenvolvemento. O dito financiamento queda legalmente vinculado á realización das actuacións subvencionadas.
O compoñente 12: política industrial de España 2030, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), financiado pola Unión Europea-NextGenerationEU, e concretamente a medida /investimento I3: Plan de apoio á implementación da normativa de residuos e ao fomento da economía circular (residuos e economía circular), submedida 001: residuos e economía circular- ten como obxectivo o aumento dos residuos municipais recollidos selectivamente” (Obxcetivo CID 188)
O Concello da Estrada presentou no marco desta orde unha solicitude de subvención á Consellería de Medioambiente, Territorio e Vivenda para a dotación 3 de minipuntos limpos de proximidade (Liña 2).
O 16 de novembro de 2023, publicouse no DOG a resolución que se adxunta a continuación pola que se lle concede ao Concello da Estrada unha axuda por importe de 8.910,00 € para a implantación de 3 minipuntos limpos que permitirá ao Concello da Estrada establecer de xeito real e efectivo unha mellora na recollida selectiva de distintos fluxos de residuo que ata agora non se poden recoller por carecer de medios axeitados, de acordo co obxectivo CID 188 “ Aumento dos residuos municipais recollidos selectivamente” do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia e en cumprimento do compromiso de etiquetaxe verde do investimento C12.I3: 042 “Xestión de residuos domésticos: medidas de prevención, minimización, separación, reutilización e reciclaxe.
Como acceder os teus expedientes desde “Mi Carpeta Ciudadana”
Transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Mediante o Acordo do 27 de abril de 2021, o Consello de Ministros aprobou o Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), que incorpora unha importante axenda de investimentos e reformas estruturais. Para iso, o citado Plan estrutúrase en catro eixos dedicados á transición ecolóxica, transformación dixital, cohesión social e territorial e igualdade de xénero, que á súa vez orientan dez políticas panca e trinta compoñentes. A cuarta política panca é unha Administración para o século XXI, que persegue unha modernización da Administración coa fin de responder ás necesidades da cidadanía e a economía en todo o territorio. O Compoñente 11, cifra como obxectivos estratéxicos a dixitalización e modernización das administracións públicas, a transición enerxética e o reforzo das capacidades administrativas.
O investimento 3 deste compoñente está dirixido á transformación dixital e modernización das distintas administracións públicas a través do cumprimento dos fitos 167 e 169 e do obxectivo 168 do PRTR e dispón dun financiamento que ascende a 1.000 millóns de euros no período 2021-2023 Desta cantidade destinaranse, ao longo do período 2021-2023, 391,4 millóns de euros ás entidades locais.
Neste marco, publicouse a Orde TER/836/2022, do 29 de agosto, do Ministerio de Política territorial, pola que se aproban as bases reguladoras e efectúase a convocatoria correspondente a 2022, de subvencións destinadas á transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia.
Ao amparo desta orde, o Concello da Estrada resultou beneficiario dunha subvención para acometer as seguintes actuacións:
- Provisión de equipamento e infraestruturas para a modernización e eficiencia dos procesos de traballo, que inclúe 3 proxectos, independentes e diferenciados, por un importe total de 54.185,01€, dentro da liña estratéxica 4. Infraestruturas dixitais,
- Integración do estado de expedientes abertos con Carpeta Ciudadana do sector público estatal, por un importe de 75.198,92€ dentro da liña estratéxica 5. Interoperabilidade de servizos básicos de administración dixital.
Segundo establece a convocatoria, a finalidade da liña estratéxica 4 é dotar ás administracións locais das infraestruturas tecnolóxicas necesarias para a súa modernización, co fin de asegurar a dispoñibilidade en calquera circunstancia e de adaptar a capacidade dispoñible ás necesidades existentes en cada momento, contribuíndo a desenvolver a conectividade dixital, a economía do dato e a intelixencia artificial nas administracións. Mentres que a liña estratéxica 5 persegue garantir a interoperabilidade dun conxunto mínimo de servizos básicos de administración dixital (rexistro electrónico, notificacións electrónicas, facturación electrónica e integración de expedientes abertos e Carpeta Ciudadana do sector público estatal).
Con estas actuacións, o Concello da Estrada pretende avanzar na senda de dixitalización da súa administración, incorporando aos tres servizos xa implantados (rexistro electrónico, notificacións electrónicas, facturación electrónica), a integración do estado de expedientes abertos con Carpeta Ciudadana do sector público estatal. Así mesmo, permitirase unha simplificación e modernización na xestión das reunións, cunha mellora na eficiencia dos procedementos administrativos asociados, unha maior transparencia ao poder retransmitirse eventos municipais, unha maior seguridade e capacidade de soportar servizos municipais nas instalacións deportivas, e a dotación dos empregados públicos de ferramentas e equipos de traballo de última xeración que permitan a mellora e eficacia no seu traballo.
Ambas as liñas atópanse en execución e espérase que estean completamente operativas o 30 de abril de 2024.
Para consultar a resolución prema aquí.
Actuacións:
Seguindo coa súa estratexia de avanzar na transformación dixital e ao amparo da Orde TER/836/2022, do 29 de agosto, do Ministerio de Política territorial e Memoria Democrática, pola que se aproban as bases reguladoras e se efectúa a convocatoria correspondente a 2022, de subvencións destinadas á Transformación dixital e modernización das Administracións das Entidades Locais, no marco do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia (PRTR), o Concello da Estrada finalizou as actuacións correspondentes ás liñas estratéxicas 4 e 5 da devandita orde, correspondentes a infraestruturas dixitais e interoperabilidade de servizos básicos de administración dixital, respectivamente.
O total da liña reservada a infraestruturas dixitais ascende a 54.185,01€, que se destinaron á adquisición de 15 postos de traballo intelixentes e a instalación dun sistema de gravación e transmisión das reunións dos órganos colexiados e dos diferentes eventos (formación, actos…) que se desenvolvan no salón de plenos ou outras instalacións municipais, e que mesmo permita elaborar en tempo real e de forma sinxela vídeoactas asinadas dixitalmente para que teñan validez formal. Así mesmo, ampliouse a rede de fibra óptica na zona deportiva para conectar as diferentes instalacións e poder, tamén, retransmitir os eventos deportivos.
En canto á liña 5, o importe ascende a 75.198,92€ que se dedicaron ao desenvolvemento e despregamento da capa de integración de «Mi carpeta Ciudadana» da Administración Xeral do Estado cos sistemas de administración electrónica da entidade. Deste xeito, os cidadáns e empresas poden acceder e consultar o estado dos seus expedientes con este concello a través da Carpeta Ciudadana do Goberno de España (https://carpetaciudadana.gob.es/cartafol/crave.htm). Esta iniciativa vén completar os servizos de administración electrónica xa dispoñibles neste Concello, é dicir, o rexistro electrónico, as notificacións e a facturación electrónicas.
Cabe sinalar que mediante estes investimentos, o Concello da Estrada contribúe aos fitos 167 e 169 e o Obxectivo CID 168, correspondentes ao investimento 3 (Transformación dixital e modernización das distintas administracións públicas) do Compoñente 11 do Plan de Recuperación Transformación e Resiliencia, xestionado polo Ministerio de Política Territorial e Memoria Democrática.
Pódese consultar máis información sobre o PRTR e os fondos NexteGenerationEU nesta ligazón.
Dotación de bibliotecas
No ano 2022, a Biblioteca Municipal da Estrada incorporou varias obras ao seu catálogo financiadas a través das axudas a entidades locais de Galicia titulares de bibliotecas e/ou axencias de lectura públicas integradas na Rede de bibliotecas públicas de Galicia. Estas axudas executáronse ao abeiro do Compoñente 24 (C24), Revalorización da industria cultural, do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea-NextGenerationEU. O dito compoñente recolle reformas e investimentos orientados a fortalecer a cadea de valor das industrias culturais españolas. Dentro deste, atópanse diversos proxectos que executaron as comunidades autónomas, tras as transferencias dos pertinentes fondos durante os anos 2021 e 2022.
Entre os investimentos, figura o proxecto C24.I2.P04, Dotación de bibliotecas, que corresponde ao Obxectivo CID 358: Compras de libros para bibliotecas. A finalidade é garantir á poboación un acceso libre e gratuíto ao coñecemento e á cultura, independentemente do seu lugar de residencia ou a súa condición. Nese sentido, a Consellería de Cultura, Educación e Universidades da Xunta de Galicia convocou estas axudas mediante a Orde do 31 de outubro 2021, publicada no DOG núm.24 do 4 de febreiro de 2022.
En consecuencia, a Biblioteca Municipal da Estrada recibiu unha cantidade de 3.949,25 € dentro do marco do mencionado programa B, a cal foi destinada á compra de obras en formato físico, maioritariamente en librerías locais, seguindo as recomendacións especificadas nas bases reguladoras. Esta axuda serviu para que a biblioteca adquirise un total de 252 obras que contribuíron a enriquecer e diversificar o fondo, e así, mellorar os servizos de préstamo a domicilio e de consulta dos materiais nas salas da biblioteca. Todas as obras adquiridas foron procesadas e incorporadas ao catálogo da biblioteca nese mesmo ano. A mencionada subvención destinouse á adquisición de obras diversas: narrativa clásica e contemporánea, álbums ilustrados para a sala infantil, literatura xuvenil, obras de divulgación, etc.
Para consultar a resolución prema aquí.
PROXECTO: “UN CÓMICO NA ALDEA”
21 Novembro 2022
O pasado 3 de maio, publicáronse no DOG as bases reguladoras e convocatoria, en réxime de concorrencia competitiva, de subvencións para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas Territorio Cultura ao abeiro dos fondos NextGenerationEU e o Mecanismo de recuperación y resiliencia del Reglamento (UE) 2021/241 para o ano 2022.
O compoñente 24 “Revalorización de la industria cultural” do PRTR, recolle reformas e investimentos orientados a fortalecer a cadea de valor das industrias culturais españolas promovendo tres eixos estratéxicos: a competitividade, a dinamización e cohexión do territorio, e a dixitalización e sostibilidade dos grandes servizos culturais. En concreto, o investimento I2: “Dinamización de la cultura a lo largo del territorio” inclúe actuacións para proxectos de axudas para ampliar e diversificar a oferta cultural en áreas non urbanas.
Neste senso, o Concello da Estrada presentou un proxecto “Un cómico na aldea” cuxa finalidade é iniciar un proceso de distribución cultural polo rural estradense, estimulando a convivencia comunitaria, achegando o feito cultural ás nosas aldeas e revitalizando os locais sociais das distintas parroquias con procesos culturais de carácter contemporáneo.
O dito proxecto foi beneficiario dunha subvención cuxa resolución se adxunta a continuación, e desenvólvese en dúas anualidades 2022 e 2023. Trátase dun proxecto multidisciplinar cun total de 40 iniciativas artísticas que abranguen desde o novo circo, ata a narrración oral, pasando pola maxia, o mimo e o teatro, segundo a programación anunciada no apartado de Cultura da páxina web municipal, seguindo este enlace:
https://aestrada.gal/programacion-fondos-plan-de-recuperacion-transformacion-e-resiliencia/
Para consultar a resolución prema aquí.