Cultura

PREMIOS GARCÍA BARROS 2017 - 2019

2017 – XXIX EDICIÓN – 1º PREMIO

Autor: Marcos Calveiro Obra: O xardineiro dos ingleses

“O importante non é o que contas, senón como o fas, dicía eu sempre. E por iso estaba a piques de saltar a tapia e profanar aquel vello camposanto esquecido por case todos. Quen me ía dicir que remataría así, de vulgar ladrón de tumbas. E todo por causa das andrómenas que se me meteran no caletre, por aquel comechume que non me abandonaba dende había moito tempo. Pasaban uns minutos das sete da mañá e o abrente comezaba a albiscarse tras do monte Lobeira, espido de árbores e cos impúdicos rochedos á vista tras tantos veráns de incendios provocados”.

2018 – XXX Edición – 1º Premio

Autor: Ana Cabaleiro Obra: As Ramonas

“Van atravesando a Anllada, cara a Cuntis, de camiño a Caldas de Reis, que vén sendo o punto que marca, para as da comarca do Deza, a porta de entrada ao mar de Arousa. O día de hoxe tamén forma parte da tradición. O luns despois do San Xoán, porque en Saídres o San Xoán sempre cae con precisión milimétrica en sábado e domingo, van as tres á praia de cando era pequenas. Hoxe é o seu Día de Curmáns Otero”. Mona leva o cranio partido en dous anacos. A dor aguda e punzante mantense cara ao lado esquerdo, e a dor xorda e sostida sitúase cara á dereita e vaille baixando polas cervicais. Mona, por ventura, non tivera San Xoán.

Scroll ao inicio
Ir o contido