Cultura

PREMIOS GARCÍA BARROS 2014 - 2016

2016 – XXVIII Edición – 1º Premio

Autor: Miguel SandeObra: A Candidata

“Ao pé do atril, no centro dos proxectores, multiplicando as proclamas polos altofalantes no aire denso e quente do centro sociocultural. Ela e o brazo ao alto para remachar sentenzas, o brazo estendido, a man medio aberta coma se acabase de tirar unha pedra. Os aplausos, coma aves que levantan o voo polo alto do local, asustadas, batendo as ás, revoando en círculo para volver pousar unhas tras doutras ao pouco no mesmo lugar”.

2015 – XXVII Edición – 1º Premio

Autor: Manuel Portas Obra: Lourenço Xograr

Parece que quere alborexar. De feito, alá ao fondo, se miramos por riba do chapeu de aba larga que leva posto o rapaz, unha luzada tímida insinúase por entre a morea de nubes que ficaron ás súas costas, penduradas na liña lonxicua do horizonte. Para o sur, cara aos cotarelos suaves de Alvar e as mestas carballeiras de Ventosela, á esquerda do camiño real polo que vai andando o mozo con paso decidido, enxérganse as tebras da noite que se manteñen aínda tinxidas dun anil intenso, salferidas aquí e acolá polo tímido tremelucir dunha poeira de minúsculas estrelas.

2014 – XXVI Edición – 1º Premio

Autor: Alberto Ramos Obra: Máscaras rotas para Sebastian Nell

“A derradeira das bombas estoupou demasiado preto do seu domicilio. As fiestras do dormitorio non resistiron o caos que espertara en Londres. Ciscados polo chan, os cristais cortaron a Sebastian Nell no baleiro dun día máis, dun día calquera, dun día que non ía lembrar. Dun día en que, quizais, xa non existía, por moito que aquel fráxil alentar se afanase en demostrar o contrario. Era 7 de xullo e o que quedaba do intérprete morrería catro noites despois. Ninguén soubo en que momento a súa mente abandonara definitivamente o refuxio en que se convertera o seu apartamento de Tvistock Square”.

Scroll ao inicio
Ir o contido