- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » Premios García Barros 2003 – 2004
Menu
Close
PREMIOS GARCÍA BARROS 1997 - 2002
2004 – XVI Edición – 1º Premio
Autor: Xerardo Agra FoxoObra: Unha viaxe no Ford TAmor, viaxes e literatura debuxan o itinerario de “Unha viaxe no Ford T“, a novela coa que Xerardo AgraFoxo obtén o Premio García Barros 2004. O misterioso atractivo dunha muller, a forza sedutora da personalidade literaria de Ernest Hemingway e a incansable busca de horizontes novos levan o fotógrafo protagonista á descuberta dunha historia de amor oculta durante moito tempo. Narrada cunha prosa directa que conquista e atrapa, esta novela é a confirmación dun escritor de cerna.
Unha viaxe no Ford T forma parte, xunto co libro de relatos O triángulo de Óscar Wilde, publicado o ano pasado, e unha terceira obra que está a punto de saír ó mercado editorial, dunha triloxía na que a literatura, o amor e as viaxes son unha constante. En canto a O triángulo de Óscar Wilde, o mesmo componse de nove relatos tensos e vibrantes, que gardan no seu contido argumental espléndidos paralelismos coas contravertidas vidas de personaxes tan coñecidos como Virxinia Woolf, Vicent Van Gogh, James Joyce e Nora Barnacle.
Xerardo AgraFoxo e autor de máis de quince libros de investigación sobre o franquismo e a cultura dos castros galegos, o escritor ultima unha nova publicación, baixo o título Trinta anos de democracia.
2003 – XV Edición – 1º Premio
Autor: Xavier López LópezObra: A Vida que nos mata
A vida que nos mata e un apaixonante trhiller, unha novela de trama policial protagonizada por un xornalista e concibida cunha vontade de estilo posta ao servicio da narración. Destaca pola súa capacidade para captar o interese do lector e pola extraodinaria reacreacion de ambientes e personaxes da época na que se desenvolve : a burguesia industrial, a bohemia literaria e os medios de comunicación durante a Segunda República. O autor tensa maxistralmente a corda do suspense nunha historia trepidante que acaba por fascinar os lectores. A novela de Xabier López iniciase no balneario de Mondariz, onde se vai celebrar unha voda da alta sociedade da época. A partir dun dobre asasinato desátase unha cadea de acontecementos que han de levar a Sebastian Faraldo, xornalista obeso e sentimental, a intentar clarexar toda unha lea de intereses e paixóns ocultas. O protagonista percorrerá diferentes escenarios : en Madrid, os baixos fondos e os cafés literarios; en Bilbao vai topar co lado escuro da industria siderúrxica; en Pontevedra e Vigo terá que loitar contra a incomprensión e a intolerancia dos poderes públicos e da prensa. Xabier López ( Bergondo , 1974) é avogado. Publicou a súa primeira obra literaria, Biff, Bang, Pou! (Novela case negra) no ano 1997. Logo da boa acollida desta orixinal parodia do xénero detectivesco ateigada de referencias ó mundo do cinema, acadou unha especial repercusión critica coa novela Doctor Deus (1999), sitúandose entre os narradores galegos dos noventa que integran no seu discurso un afán de renovación e unha necesidade de se vencellaren á narrativa contemporanea universal. Posteriormente, con O caderno, obtivo o Premio Risco de Literatura Fantástica 2001 e, o ano seguinte o Lueiro Rey de Novela Curta con O mono no espello. Ademais, A estraña estrela, novela publicada por Editorial Galaxia no 2003, vai ser editada en portugues por Deriva Editores.