- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » Porta Martinez, Paulo
Menu
Close
Porta Martínez, Paulo
Biografía
Naceu en Marín ( Pontevedra) no ano 1.961 e viviu na Estrada dende os sete anos. Licenciouse en Belas artes pola Universidade de Valencia no 1.984. De 1.984 a 1.988 foi profesor de debuxo nos institutos de O Barco de Valdeorras, A Sardiñeira ( A Coruña) e Boiro, e dende 1.988 imparte Debuxo e Fotografía Dixital no Instituto de Bacharelato Arcebispo Xelmírez 1 de Santiago de Compostela.
Entre outras actividades culturais, formou parte en 1.981-82 do grupo estradense de música galega “ Penadona”, xunto con Xoseme Mosquera, Xan Herrera e Lois Torres; participou na creación do boletín de literatura galega “ Matacán” ( 84 -85) e presidiu a “ Asociación Cultural A Estrada”, baixo cuxa dirección se celebrou no 1.987 o “ I Simposio de Literatura Galega Estradense”, adicado especialmente aos irmáns Valladares, Cabada Vázquez e García Barros.
A súa obra individual é case toda froito dos seus diversos estudos en col da obra de guerra de artistas galegos coma Castelao ou Arturo Souto e dos seus traballos verbo da imaxe dixital. Así temos: 1937, CASTELAO E SOUTO EN VALENCIA (Ed. do castro, 1.985), ARTURO SOUTO ( Biografía) ( A Nosa Terra, 2.002), A GUERRA DE ARTURO SOUTO ( A Nosa Terra, 2.002), e TRATAMENTO DIXITAL DA IMAXE ( Ed. Fouce, 1.999), FOTOGRAFÍA E IMAXE DIXITAL ( Edicións Lea, 2.003). Como co-partícipe en edicións colectivas temos: “ Dúas teses para a valoración da evolución estética de Castelao” en CONGRESO CASTELAO ( Universidade de Santiago de Compostela, 1.989); “ A Guerra civil” na mostra antolóxica ARTURO SOUTO ( Fundación Barrié de la Maza, 1.997) e “ Arte en loita” no Congreso CASTELAO. CO PENSAMENTO EN GALIZA ( Concello de Pontevedra – ASPG – Universidade de Vigo, 2.001).
Asimesmo temos que salientar que foi o editor da obra de homenaxe póstuma a Xoseme Mosquera, DAME A TÚA MAN ( Ed. Fouce, 1.999).
Tamén cómpre termos en conta o seu labor como deseñador maquetador e ilustrador de diferentes obras. Así temos que ilustrou as portadas de INSTITUTO XELMÍREZ. PASADO E PRESENTE ( 1.845-1.995) ( Deputación Provincial da Coruña, 1.997), COS PÉS NA TERRA de Xosé R. Freixeiro Mato (Ed. Fouce, 1.999) e das I XORNADAS DE INNOVACIÓN EDUCATIVA XOSÉ CALVIÑO ( Xunta de Galicia, 2.000).E deseñou e maquetou AXENDA ESCOLAR I.B. XELMÍREZ ( cursos 00 -01 e 01 – 02); actas do Congreso CASTELAO. CO PENSAMENTO EN GALIZA ( Concello de Pontevedra- ASPG – Universidade de Vigo, 2.001) e actas de Congreso LINGUAS NON NORMALIZADAS. PRESENTE E FUTURO ( Universidade de Vigo – ASPG, 2.002).