- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » Otero Fernández, David
Menu
Close
Otero Fernández, David
Biografía
Santiago de Compostela, 1946
Obra
A vida de Eladio Rodríguez González
Autor: Otero Fernández, David
Editorial: Editorial Galaxia
Descripción:
Presenta de xeito claro, ameno e completo a biografía do intelectual homenaxeado co día das letras galegas do ano 2001, dende a súa infancia en terras do Ribeiro, onde naceu no ano 1864, ata a súa morte na Coruña en 1949.
Chano
Autor: Otero Fernández, David
Xénero: Literatura infantil -xuvenil
Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Arbore
Páxinas: 116
Tamaño: 11,5 x 20,5 cm
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7154-781-1
Descripción:
CHANO é un rapaz con cuadrilla, con can Simbad incluído, que voa por cen espacios en mil tempos tan certos como incertos. Chano quere ser actor completo e non ten claro como selo. Faise preguntas e busca respostas cos seus amigos polo barrio adiante. Xuntos debuxan aventuras xigantes e ananas, gustan das carreiras e das ringleiras e abren os ollos por ver. Os dias transcorren novidosos; algúns tristes, outros bos e tamén regulares. Chano, tratando de explica-la realidade, fabrica un fermoso cadro a toda color para que poida velo quen queira. Chano e a súa cuadrilla, co can Simbad incluído, aínda que semellan disfrazarse, non ocultan nada, non precisan efectos especiais. Ti mesmo, se queres acompañalos, non precisas cinto de seguridade. Non te preocupes, todo irá ben
Cousas para facer, dicir e pensar
Autor: Otero Fernández, David
Xénero: Poesia
Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Tartaruga
Prezo: 10 Euros.
Páxinas: 24
Tamaño: 16 x 19 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7154-565-9
Descripción:
Conxunto de poemas agrupados en tres partes. A primeira, “Para facer”, contén oito textos sobre as diferentes partes do corpo e xogos de imitar e moverse. A segunda, “Para dicir”, componse de catro, tematicamente referidos a obxectos cotiáns como a pelota ou a elementos da natureza (a auga, a nube e o sol). Na terceira, “Para pensar”, figura un poema máis extenso sobre a nova escola galega, que terá de estar chea de vida e cor. Todos eles, en verso breve e con ritmo moi marcado, tenden á oralidade e á expresión corporal propia das primeiras idades, con estructuras repetitivas e sonoras que aportan unha grande musicalidade.
O Albendar dos animais
Autor: Otero Fernández, David
Xénero: Poesia
Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Tartaruga
Prezo: 10 Euros.
Páxinas: 20
Tamaño: 16 x 19 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7154-566-7
Descripción:
Conxunto de nove poemas protagonizados por animais comúns ao espacio cotián do imaxinario infantil (a pomba, a gaivota, o paxariño, o pardal, o cabalo, a pulga, o rato e o gato ou a bolboreta). A proximidade aos primeiros lectores maniféstase asemade na sinxeleza compositiva, na linguaxe coloquial e no verso breve, desde unha concepción fundamentalmente rítmica. A sonoridade, a musicalidade en moitas ocasións onomatopeica ou froito da aliteración, constitúe o eixo duns poemas que teñen no xogo verbal propio da oralidade unha das súas principais virtudes.
O Ciridonio
Autor: Otero Fernández, David
Editorial: Edicións Fervenza
Descripción:
Adaptación teatral, do texto orixinal do mesmo título de Manuel García Barros, do seu libro Contiños da terra.
Para iso esta o futuro
Autor: Otero Fernández, David
Xénero: Poesia
Editorial: Edicións Fervenza
Colección: O Cartafol de Vilancosta – Collectione
Páxinas: 43
Tamaño: 16,5 x 21,0 cms
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-932977-1-2
Descripción:
Cuberta e ilustracións: Manuel Fragoso
Por se che pasa
Autor: Otero Fernández, David
Xénero: Literatura infantil -xuvenil
Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Tartaruga
Páxinas: 24
Tamaño: 16 x 19 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7154-650-7
Descripción:
Un grande tractorista dirixiuse a unha aldea co seu tractor. Os nenos, que estaban de vacacións, saíronlle ao encontro e no quinteiro pedíronlle, por encargo dos seus pais, que fose traballar ás súas casas. Para decidir a cál iría, preguntoulles cómo enfriaban o leite. Na neveira, con auga, botándolle galletas e mollando nel pan torrado con manteiga salgada… Esta última foi a resposta que máis lle gustou, polo que xa soubo ónde traballar: na casa da nena á que se lle ocorrera. Nela, antes de empezar o traballo, almorzaron os dous para celebralo. Historia sinxela e de texto mínimo cun elemento lúdico curioso: os nomes do señor, da aldea ou da rapaza ten que os decidir o lector escollendo entre as longas series de nomes propios que aparecen nas correspondentes páxinas.
Que facer coas palabras
Autor: Otero Fernández, David
Editorial: Editorial Galaxia
Colección: Ágora
Prezo: 0.00 Euros. / 0 Ptas.
Páxinas: 84
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7154-799-6
Ramón de Liripio. (Un colo no que contar)
Autor: Otero Fernández, David
Editorial: Fundación Cultural da Estrada
Descripción:
Percorrido pola vida desta peculiar figura, onde aparecen contos e anécdotas deste personaxe tan entrañable e coñecido.