- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Servizos
Home » O punto limpo
O punto limpo
Aos efectos de proceder á recollida de materiais de desfeito (ferros, electrodomésticos, colchóns, sofás, e outros útiles metálicos) para depositar no punto limpo do noso Concello co fin de facilitar o transporte aos veciños e veciñas.
Que a recollida levarase a cabo instando aos interesados que cumpran as seguintes condicións:
1. É imprescindible que toda persoa que queira solicitar este servizo chame ao teléfono 986-570030.
2. Toda persoa que chame debe dar o seu nome, enderezo, teléfono e especificar o material a depositar (en ningún caso se recollerá material sen antes chamar ao teléfono citado anteriormente).
3. A data de recollida seralles comunicada telefonicamente. Cabe recordar que non se pode depositar estes materiais ata a data sinalada para a súa recollida.
O Concello da Estrada amosa a súa preocupación polo medio ambiente, por iso conta cun centro de recollida de lixo como é un punto limpo. Os Puntos Limpos son recintos situados no entorno das cidades, vilas e aldeas e que teñen o obxectivo fundamental de servir ós cidadáns como centro de achega voluntaria para a recollida selectiva dos residuos producidos no ámbito domiciliario.
Para tirar residuos no PUNTO LIMPO, pódese facer por conta propia, todos os xoves e venres de 9:00 a 13:00 e os sábados de 10:00 a 13:00 e de 16:00 a 19:00, situado no lugar de Penerada (Ouzande) detrás do Matadoiro Municipal.
A recollida selectiva consiste na separación en orixe de residuos limpos e na recollida destes residuos en colectores separados.
- As vantaxes da recollida selectiva son:
- Aforro de materia prima
- Aforro de enerxía
- Menor contaminación das industrias no proceso de fabricación
Os residuos depositaranse nos diferentes colectores de recollida selectiva:
Iglú verde: vidro (tarros, frascos, botellas) | |
Iglú azul: papel e cartón. (caixas de cereais, galletas, xornais, revistas, …) | |
Iglú amarelo: envases metálicos (latas de conservas, de refrescos, etc), de plástico (deterxente, auga, etc), brick (zume, leite, etc). |
Obxectivos dos Puntos Limpos
Créanse puntos centralizados para o depósito por parte dos cidadáns daqueles residuos recollidos selectivamente para os que sexa necesaria unha xestión específica, polo seu tamaño, residuos voluminosos, ou a súa composición, pilas, disolventes e outros materiais. Os obxectivos principais destas instalacións son:
- Recuperar os materiais contidos nos residuos para a súa reciclaxe, coma o papel, vidro, metais, etc.
- Evitar o vertido incontrolado de entullos e residuos voluminosos coma mobles ou electrodomésticos.
- Separar os residuos xerados nos fogares que representen un risco para o medio ambiente coma os medicamentos, pilas, pinturas, etc.
- Redución do volume dos residuos a tratar ou eliminar nos vertedoiros controlados, co que aumenta a vida útil dos existentes.
O punto limpo é un recinto de recollida e xestión de residuos producidos no ámbito domiciliario. (para os residuos producidos no ámbito industrial, a Xunta conta cos Centros Verdes).
Actividades realizadas no Punto Limpo:
O punto limpo é unha instalación de agrupamento de residuos domiciliarios no que se levan a cabo as seguintes actividades:
- Control e recepción de residuos á chegada ao Centro.
- A clasificación e agrupación dos residuos de natureza compatible.
- A expedición dos residuos ata as diferentes instalacións de reciclaxe de cada un deles.
Residuos admisibles no Punto Limpo:
- Vidro (iglú)
- Papel (iglú)
- Cartón (iglú)
- Bricks, latas, envases.
- Madeira.
- Metais: aluminio, ferro, cobre, aceiro inoxidable, etc
- Plásticos.
- Téxtil limpo
Voluminosos
- Electrodomésticos
- Útiles, mobles, colchóns, somieres, caixas portas e marcos, etc
- Entollos inertes de obra.
Tóxicos e perigosos
- Aceites vexetais de cociña e minerais dos coches.
- Baterías de automóbil.
- Disolventes.
- Pilas.
- Esprays / aerosois
- Radiografías
- Tubos fluorescentes.
- Pinturas e disolventes
Residuos non admisibles
- Materiais sen clasificar
- Rodas
- Urelita con amianto.
- Materia orgánica.
- Zapatos e roupa sucia
- Residuos infecciosos, clínicos, biosanitarios ou citotolóxicos.
- Residuos radioactivos (Pararraios…)
- Residuos industriais de grandes e medianas empresas.
- Residuos agrícolas ou gandeiros.
- Residuos xerados por actividades mineiras ou extractivas
- Produtos procedentes de decomisados
- Calquera outro residuo que non sexa facilmente identificable e clasificable na categoría de admisible.
Consellos para a separación colectiva
- Cómpre ter especial coidado cos fluorescentes e as lámpadas de mercurio. Procura que non se rompan durante o traslado, xa que se trata de residuos moi perigosos.
- No caso dos disolventes, pinturas e vernices existe a prohibición formal de mesturar as substancias con outras de características diferentes.
- Procura ser coidadoso ao transportar frigoríficos e outros electrodomésticos con CFC’s para evitar que se rompa o seu circuito de refrixeración. Os CFC’s son altamente contaminantes.
- Nunca mestures os aceites de motor con outro tipo de aceites.
- Procura evitar que os medicamentos se humedezan.
- Os aerosois non deben de desmontarse. Deposítaos enteiros no colector correspondente.
- Nos colectores verdes pode depositarse calquera tipo de vidro: botellas, tarros, etc. Na planta de tratamento retíranselle os restos de cortiza, papel ou metais para proceder á súa reciclaxe. Tira o vidro directamente ao iglú, sen bolsa.
- Debes tirar os bricks no colector amarelo, xunto cos plásticos e as latas. Deposítaos nunha bolsa plástica pechada para que non se verta o seu contido.
- O papel e o cartón van ao colector azul, directamente ou nunha bolsa de papel.
- Se un residuo ten materiais que pertencen a diferentes categorías, debes separalos para botalos ao colector que corresponda.
Mantén limpo a túa vila, utiliza o Punto Limpo.