- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
O Concello
Home » O Concello » Descubrir A Estrada » Imaxen e son
Menu
Close
Imaxe e son
A Bandeira
Decreto 131/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba a bandeira do Concello da Estrada.
O Concello da Estrada (Pontevedra) considerou conveniente organizar correctamente o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme ás normas de heráldica.
Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, emitiu o informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de representación gráfica da bandeira, para a súa aprobación definitiva. A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos dos concellos e doutras entidades locais corresponde á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2º do Estatuto de autonomía de Galicia.
O expediente tramitouse conforme ás normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia, no Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, e no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 10 de decembro.
Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta da persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dous de outubro de dous mil catorce,
DISPÓÑO:
Artigo único. Aprobar a bandeira do Concello da Estrada, que figura como anexo, organizada do seguinte xeito:
“Dividida por unha banda branca, de verde á hasta e de vermello ao batente”.
O Escudo
Decreto 130/2014, do 2 de outubro, polo que se aproba o escudo do Concello da Estrada.
O Concello da Estrada (Pontevedra) considerou conveniente organizar correctamente o seu emblema municipal para perpetualo coa simboloxía adecuada e conforme ás normas de heráldica. Para iso, e de acordo coas facultades que lle confiren as disposicións legais vixentes, emitiu o informe histórico-heráldico, coa correspondente proposta de representación gráfica do escudo, para a súa aprobación definitiva.
A competencia exclusiva en materia de adopción, modificación ou rehabilitación dos emblemas heráldicos dos concellos e doutras entidades locais corresponde á Comunidade Autónoma galega, segundo o disposto polo artigo 27.2 do Estatuto de autonomía de Galicia.
O expediente tramitouse conforme as normas de procedemento establecidas na Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; na Lei 5/1997, do 22 de xullo, de Administración local de Galicia; no Decreto 19/2010, do 11 de febreiro, polo que se aproba o Regulamento de símbolos das entidades locais de Galicia, e no Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das corporacións locais, aprobado polo Real decreto 2568/1986, do 10 de decembro.
Na súa virtude, visto o informe emitido pola Comisión de Heráldica da Xunta de Galicia e por proposta da persoa titular da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do dous de outubro de dous mil catorce,
DISPÓÑO:
Artigo único. Aprobar o escudo do Concello da Estrada, que figura como anexo, organizado do seguinte xeito:
“De sinople (verde) e sobre ondas de prata (branco), unha ponte de cinco ollos de ouro (amarelo), coroada por unha torre, oca e tamén de ouro, e nos flancos dúas vieiras de prata, coroadas, pola súa vez, por cadansúa estrela de ouro. Ao timbre, coroa real pechada”.
O Himno
Terra nobre, fidalga e ben labrada,
dende Montes a ollar fecundos ríos.
Mociña florecida en amoríos que de
cincuenta estrelas es gardada.
De pazos e de pontes adornada,
de castros e de rexos penedíos,
de soutos e camposas, aduvíos da
palabra que é lei dita na Estrada.
Sosegan na túa paz os bos viaxeiros
e medran os teus fillos na irmandade
e na fiel memoria os devanceiros.
Con ramos de benvida e lealdade
sairemos todos xuntos ós carreiros
cun cantar de esperanza e liberdade:
O himno novo das terras da bonanza
a resoar polos vales e os outeiros
ata onde o corazón a Patria alcanza
Letra: Salvador García Bodaño. Música: Eulogio López Masid.