- O Concello
- Cultura
-
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
-
-
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
-
-
- Servizos
-
- Trámites
-
Nova ambulancia para o servizo de Emerxencias de A Estrada
É un pracer anunciar a incorporación dunha nova ambulancia ao servizo de Emerxencias de A Estrada, un recurso vital que garante a atención sanitaria de calidade á nosa comunidade. Esta Renault Master, adquirida por 80.000 euros con fondos do programa +Provincia da Deputación de Pontevedra, substitúe á anterior unidade que estivo en servizo durante dez anos.
Durante o último ano, a nosa ambulancia realizou 819 saídas, destacando a importancia deste servizo non só en A Estrada, senón tamén en municipios cercanos como Forcarei e Cerdedo. Cun equipo profesional de 19 efectivos e un convenio co 061, estamos comprometidos co benestar e a seguridade dos nosos veciños.
Agradecemos a todos os que fixeron posible esta adquisición e reafirmamos o noso compromiso de seguir mellorando os servizos de emerxencias no noso Concello.