Cultura

Martínez Oca, Xosé Manuel

Biografía

Empregado de banca

Naceu na Estrada no ano 1.942. Vivirá en Ourense dos 11 aos 20 anos. No ano 1.962

Trasladouse á Coruña, onde reside dende aquela, con períodos de estadía en Ferrol

( 1.963), Ifni ( 1.964-65, por servicio militar), Cee ( 1.967-68), Madrid ( 1.969) e Bilbao

( 1.970-74). Na actualidade reside na Coruña.

Estamos perante un dos máis prolíficos autores da narrativa galega contemporánea. A súa primeira novela longa publicada foi UN ANO E UN DÍA ( Ed. do castro, 1.980; Edicións Xerais de Galicia,, 1.990). Ese mesmo ano publicou  A FUXIDA

( Edicións Xerais de Galicia, 1.980). No ano seguinte saíu  publicada a súa obra A CHAMADA ESCURA DOS CABORCOS ( Edicións Xerais de Galicia, 1.981).  No ano 1.982 publicou NA ESPADA NA AUGA ( Ed. castrelos, 1.982).

No ano 1.983 acadou un dos máis sobranceiros premios das nosas letras, o “ Eduardo Blanco Amor” coa novela BEIRAMAR ( Edicións Xerais de Galicia,1.983) e tamén publicou este mesmo ano OS CHAPURROS ( Ed. do castro, 1.983). Tras uns anos

En que non publicou ningunha novela longa, no ano 1.986 publica DETRÁS DO SILENCIO ( Sotelo Blanco, 1.986), para continuar nos anos seguintes con ROI E OS SEUS AMIGOS ( Ed. Casals, 1.987) e AS FLORESTAS DO MAÑUEMA ( Edicións Xerais de Galicia, 1.988; A Nosa Terra, 1.997). Tras outros anos de silencio sacará a novela OS CULPABLES ( Vía Láctea, 1.993) e no ano

Sequinte DIARIO DE INVERNO ( Ed. Bahía, 1.994) e VIOLANTE-A ALDEA MORTA ( Ed. Nigra, 1.994). No ano 1.995 publicará NÁUFRAGOS EN TERRA ( Edicións Xerais de Galicia, 1.995; La Voz de Galicia, col. Biblioteca Galega 120, 2.002). Dous anos máis tarde aparecerá TODO O PESO DO CEO

(  Edelvives,1.997). Tras outros tres anos, publicará o seu libro de viaxes DOS CAMIÑOS DE ARRIEIROS ÓS PAZOS DA ULLA ( A Nosa Terra, 2.000). Ultimamente sacou á luz a obra O TEMPO EN NINGUNHA PARTE

( Espiral Maior, 2.003).

Con todo, cómpre salientar que onde máis prolífico se amosou Martínez Oca foi en obras colectivas e de colaboración en conxunto con outros autores. Xa no ano 1.975

Martínez Oca foi finalista do 1º Premio de narración curta “Pedrón de Ouro”,

Premio que posteriormente pasou a se coñecer como “ Premio Modesto R. Figueiredo”,

E así viu publicado o seu primeiro relato curto titulado “ Un home no corral”, inserido

Na obra titulada CATRO NARRACIÓNS ( Ed. do castro, 1.977). No 1.978 o

Seu relato “ A figueira” formará parte da obra NÚMERO DE PATENTE

( Ed. do castro, 1.978) e “ No fondo do espello” da  obra A FUNDICIÓN E OUTRAS NARRACIÓNS ( Ed. do castro, 1.978). Neste mesmo  ano acadará o

1º Premio da 4ª Edición dos premios Modesto R. Figueiredo co relato titulado

“ A negra”,  que posteriormente lle deu título á obra colectiva A NEGRA

( Ed. do castro, 1.979).No ano 1.981 o seu relato “ Os lóstregos e a carballeira” sairá publicado na obra titulada PREMIOS CASA DE GALICIA DE LAS PALMAS ( Edicións Xerais de Galicia, 1.981). Este mesmo ano volve a se proclamar

Gañador do premio Modesto R. Figueiredo na súa 7ª Edición co seu relato “ Noite de luar”, que se publicará posteriormente na obra A GRANDE NOVELA (Ed. do castro, 1.982). A continuación publicará o seu relato “ As miñas relacións ca igrexa”

Na obra MEDUSA ( Sotelo Blanco, 1.984). Ata tres anos despois non volverá a publicar en obras colectivas, o que ocorrerá co seu relato “ Monólogo do autor inédito”, que figurará na obra MONÓLOGOS ( Sotelo Blanco, 1.987). No ano 1.989 sairá o seu “ A pomba baixo da roda” na  obra CADERNO DE VIAXE

( Edicións Xerais de Galicia, 1.989). No ano seguinte publicará “ A ti, Laura” en O RELATO BREVE 1.980-1.990 ( Edit. Galaxia, 1.990) e “ O artículo mortal” en

SEDE CENTRAL 2 ( Clube Cultural Adiante, 1.990). No ano 1.991 verán a luz os seus relatos “ Celso Emilio, aí está o imperio” en VOZ E VOTO ( Patronato Curros Enríquez, 1.991), “ Patxi e Fuco” en OS CONTOS DA CAMPAÑA

( 3) ( Xunta de Galicia, 1.991) e “ Desexo” en HOMENAXE A LAXEIRO

( Galería de Arte citania, 1.991). No ano seguinte publicou,  en conxunto con Inmaculada Pellicer, a obra A CIDADE DO VENTO ( Edicións do cumio, 1.992) e “ Luz, vento, mar…” en A CORUÑA, ¡ ASÍ A QUEREMOS ! ( Mesa pola Normalización Lingüistica, 1.992). Continuará con “ Acisclo Manzano” en GALICIA HOXE, GALICIA SEMPRE-ACISCLO, QUESADA (Parlamento de Galicia, 1.993). No ano 1.995 publicará “ Noite de luar” en MANUAL E ESCOLMA DO RELATO GALEGO ( Sotelo Blanco. 1.995).

A continuación sairán a luz os seus relatos “ O artigo mortal” en UNHA LIÑA NO CEO ( Edicións Xerais de Galicia, 1.996), “ Un arrecendo de rosas” en BERRA LIBERDADE ( Edit. Galaxia, 1.996) e “ O médico de San Miguel” en MANUEL REIMÓNDEZ PORTELA NA LEMBRANZA ( Ed. do Castro, 1.996). Seguirá co relato “ Reencontro” na obra NOVO DO TRINQUE ( Concello Comarcal do BNG, comarca de Santiago de Compostela, 1.997).

X neste século temos a publicación dos relatos “ Castelao visto por un estradense” en CLÁSICOS E MODERNOS 2 ( Departamento de Galego-portugués, Univ. da  Coruña, 2.000), “ Dolmen” en MANUEL MARÍA ( Asociación Cultural Xermolos, 2.001) e “ Contra a mentira e a ocultación” en ALMA DE BEIRAMAR ( A Nosa Terra- AELG, 2.003).

Tamén  Martínez Oca foi autor de dúas traducións ao  noso idioma, de PAULO E VIRXINIA ( Edicións Xerais de Galicia, 1.985) e MAIGRET NA ESCOLA

(Vía Láctea, 1.992).

Ademais Martínez Oca é un asiduo colaborador de diferentes xornais e revistas, como as revistas “ Dorna”,  “ Man Común”, “ Follas Secas”,  “ Luzes de Galiza”, “ Boletín Galego de Literatura”, “ Madrygal”… e de xornais coma “ El Ideal Gallego”, “ La Región”, “ La Voz de Galicia”,  “ Diario 16 de Galicia” “ Faro de vigo”, “ A Nosa Terra”.

Obras

A espada na auga
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Editorial: Edicións Castrelos
Descripción:
Recolle dous relatos distintos de lectura agradable e fácil, onde atopamos as características máis sobranceiras da súa narrativa: realismo, preocupación social, lirismo e tradicionalismo formal.

Detrás do silencio
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Relatos
Editorial: Editorial
Tamaño: x cms
Encuadernación: Rústica
Descripción:
Premio Manuel Casado Nieto

Diario de inverno
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Novela
Editorial: Baia
Páxinas: 144
Tamaño: 13 x 19,5 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-87674-47

diariodeinverno

Dos camiños de arrieiros – Os Pazos da Ulla Terra de Montes e Tabeirós
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Viaxes
Editorial: A Nosa Terra
Colección: As viaxes
Páxinas: 197
Tamaño: 11 x 16 cms.
Encuadernación: Cartoné
ISBN: 84-95350-26-2
Descripción:
A obra é unha viaxe circular que comeza e remata na mítica Lagoa Sacra de Olives, enchoupada de referencias á historia local destas bisbarras, un relato de impresións no que se mestura a visión actual coa saudade dun pasado que o autor coñeceu. Polas súas páxinas desfilan as teses de etnógrafos como Bouza Brei, Reimóndez Portela ou Rodríguez Fraiz, anécdotas como a excursión de Castelao, García Barros e outros amigos a San Xoán da Cova (A Estrada) e estampas, tisnadas de lenda, de lugares como o pazo de Oca, o monte Xesteiras, a Torre de Guimarei, Sabucedo, Forcarei, Soutelo ou os altos do Candán.

Naufragos en terra
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Relatos
Editorial: Xerais
Colección: Narrativa
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica

O artículo mortal
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Relato
Editorial: Editorial
Tamaño: x cms
Encuadernación: Rústica
Descripción:
Incluído en Sede Central Relatos 2.

Os chapurros
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Relatos
Editorial: Ediciós do Castro
Tamaño: x cms
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7492-176-7

oschapurros

Os culpables
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Relatos
Editorial: Editorial
Tamaño: x cms
Encuadernación: Rústica

Os lostregos e a carballeira
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Novela breve
Editorial: Editorial
Tamaño: x cms
Encuadernación: Rústica
Descripción:
Premio Casa de Galicia das Palmas

O tempo en ningunha parte
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Editorial: Espiral Maior
Descripción:
Galicia e a guerra civil como fondo. Unha novela para ler, deixándonos levar pola trama. Literatura en estado puro, cunha grande perfección estilística.

O tempo en ningunha parte
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Novela
Editorial: Espiral Maior , Edicións
Colección: Narrativa
Páxinas: 261
Tamaño: 13 x 21,5 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-95625-75-X
Descripción:
Galicia e a guerra civil como fondo. Unha novela para ler, deixándonos levar pola trama. Literatura en estado puro, cunha grande perfección estilística.

Todo o peso do ceo
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Xuvenil
Editorial: Tambre
Colección: Catavento
Páxinas: 120 – 134
Tamaño: 13 x 21,5 cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-263-3741-4 Ed. 1997 84-263-4888-2 Ed. 2002
Descripción:
Un neno orfo é adoptado por dona Sara, unha das mulleres máis ricas da vila, viúva dun mártir que dera a vida pola patria, cando o Alzamento Nacional. Mans de neve ten a nova nai, pola brancura e a frieza contante. A mesma frieza que percorre as páxinas desta historia que fala dun tempo histórico cercano e, á vez, tan afastado, o da guerra civil e da posguerra, presentado desde o plano cotián da vida nunha vila castelá á que van segar os seitureiros galegos: un mundo abafante, pechado, no que todo o peso do ceo preme enriba da cabeza. .
Para maiores de 14 anos.

todoopesodoceo

Un ano e un día
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Novela
Editorial: Edicios do Castro – 1ª ed. 1980 Edicións Xerais – 2ª. ed. 1990
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-7492-029-9 84-7507-519-3

Un arrecendo de rosas
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Relato
Editorial: Galaxia
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-8288-034-9
Descripción:
Relato incluído no volume Berra liberdade ( Escritores galegos por Amnistia Internacional).

berraliberdade

Un home no curral
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Xénero: Relato
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica

Violante – A aldea morta
Autor: Martínez Oca, Xosé Manuel
Editorial: Nigra
Tamaño: x cms
Encuadernación: Rústica

Scroll ao inicio
Ir o contido