- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » Lueiro Lemos, Xose
Menu
Close
Lueiro Lemos, Xosé
Biografía
Naceu en Bemil ( Caldas de Reis) no ano 1.969. Pasará os seus primeiros anos a orelas do Umia. Á idade de tres anos trasladarase a vivir á Estrada. Na súa etapa escolar comeza a familiarizarse coa literatura de Enid Blyte, Robert Louis Stevenson, Jules Verne, Arthur Conan Doyle… A finais do Bacharelato unha guitarra acadada nun sorteo dunha tómbola levarao a emprender un percorrido musical no seo do grupo “ La Señal”, co que gravará catro discos.
El escribe e interpreta a meirande parte dos temas. Compaxina a música cos seus estudos na Facultade de Filoloxía Hispánica na Universidade de Santiago de Compostela, onde comezará a profundizar nos clásicos da literatura galega Unha vez finalizados os estudos, e co gallo de difundir a actividade teatral polas parroquias da Estrada, será un dos fundadores do Grupo de Teatro Municipal “ Os Tirinautas”, grupo que nos seus comezos porá en escena diferentes textos adaptados e orixinais de clásicos estradenses coma Avelina Valladares, García Barros, Varela Buxán. Ao mesmo tempo tamén é un dos que artellan o festival “ Viven”, coa pretensión de unificar a dispersa comunidade de músicos estradenses. Será asimesmo un dos fundadores da folla poética “ Augas Verso”, coa finalidade de difundir a obra poética de autores estradenses. No ano 2.002 escribe a banda sonora dunha comedia musical “ El Zorro”, estreada no teatro Calderón de Madrid e comeza a se adicar con máis intensidade á faceta de cantautor.
Por outra banda, as montaxes do grupo de teatro local, baixo a súa dirección, acadan un éxito sen precedentes coa obra “Ensalada de Mosquito” .