- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » García Gómez, Valentín
Menu
Close
García Gómez, Valentín
Biografía
Naceu en Abades (Silleda) no ano 1.970. Realizou os seus estudos de bacharelato do IES “Manuel García Barros” da Estrada e licenciouse en Filoloxía Galego-Portuguesa na Universidade de Santiago de Compostela. Asimismo é Diplomado en música polo Conservatorio de Santiago de Compostela e tamén realizou o Postgrao e Máster en Administración Local na Facultade de dereito de Santiago de Compostela. É responsáble do Servicio de Normalización Lingüística do Concello da Estrada dende o ano 1.994. Desempeñou, e desempeña, numerosos cargos concernientes á Cultura do noso país; así é presidente do “Recreo Cultural da Estrada”, secretario da “Fundación Castelao”, Membro do Padreado da “Fundación Neira Vilas”, Membro da “ Comisión de Seguimento do Centro de Documentación Sociolingüistica” do Consello da Cultura Galega, Secretario da “ Fundación Cultural da Estrada”, Membro do “Comité de Seguimento do Premio Xornalístico M. Reimóndez Portela, Membro da Directiva da Asociación Cultural “O Brado” e da Organización dos “Premios San Martiño de Normalización Lingüística”, foi Presidente da “ Coordinarora Galega de Traballadores/-as de Normalización Lingüística”, é membro do Equipo de Organización do “Certame Interxeracional dos Pereiriños”.
Tamén foi membro fundador do ”Grupo de Teatro Os Tirinautas”, da “Coral Polifónica Estradense”, de Radio Estrada e da Tele Estrada.
É autor da reedición da A ESTRADA RURAL (Exma. Deputación Provincial de Pontevedra, 2.004) e colaborou co traballo “Informe-proposta sobre a organización dos servicios lingüisticos” en XORNADAS DE COORDINACIÓN DE POLÍTICAS LINGÜISTICAS ( Fundación Enclave, 2.003).
Obras
A Estrada rural
Autor: García Gómez, Valentín
Editorial: Deputación de Pontevedra
Descripción:
Reedición do libro de Reimóndez Portela, corrixido, ampliado e actualizado despois de vinte e cinco anos da súa primeira edición. O libro ten a mesma función ca o anterior, recoller e establecer o carácter e riqueza do rural da Estrada.
Incorpórase unha planimetría actualizada na que se delimitan con precisión cada un dos lugares das parroquias estradenses. Tamén se inclúen aspectos coma as novas explotacións agro-gandeiras, a implantación de pequenas e medianas empresas, o acceso ás novas tecnoloxías e o enriquecemento da vida cultural.
Un soldado da historia
Autor: García Gómez, Valentín
Editorial: Edicios do Castro
Descripción:
Páxinas que son moito máis que unha simple biografía de Don Alfredo García Caramés, un dos moitos soldados que nos deu a historia durante a nosa crúa guerra civil, pois as palabras do libro están impregnadas de alma e sutileza cara este loitador nato que fixo da liberdade o seu escudo vital.
Vista Alegre 25 anos de historia
Autor: García Gómez, Valentín
Editorial: Asociación Cultural Vista Alegre
Descripción:
Co gallo da celebración das vodas de prata da “Asociación Vista Alegre” de Bandeira, o escritor fai un pequeno resumo do que foi a vida desta Asociación desde os seus comezos no verán de 1982, até o día de hoxe.