Cultura

Docampo Vázquez, Xosé

Biografía

Naceu en Guimarei (    A Estrada) no ano 1.889. Dende moi novo comezou a traballar primeiro de cantairo e despois de xastre.  Máis foi compaginando os seus labores cotiáns cos estudos, facéndose bacheler e mestre e exercendo como tal.

Tamén exerceu a política, sendo concelleiro e teniente alcalde.

Participo una creación do Instituto de Ensino medio e despois no Colexio da Inmaculada, onde exerceu de profesor de Xeografía e historia, seguindo cos estudos, facendo incluso os dous primeiros cursos de Filosofía e Letras. Foi dos fundadores do Recreo Cultural da Estrada, no  que tamén foi  presidente  ao longo de moitos anos. Asimismo foi confundidor da Masa Coral Estradense, onde cantou  moitos anos. No ano 1.962 foi un dos que se desprazou a buscar os restos do insigne poeta estradense Xosé Manuel Cabada Vázquez a Linares ( Jaén). Tamén colaborou intensamente con Radio Estrada nos anos sesenta. Cómpre salientar a  “    Medalla de Ouro” que lle foi  concedida polo xornal “    Faro de Vigo” en honra ás súas colaboracións de máis de 50 anos. Fino una Estrada no ano 1.985.

 

Colaborou en moitos sornáis, coma os estradenses “    El Estradense”, “ El Emigrado”… en “ La Vanguardia” e,  sobre todo, en “ Faro de Vigo”, do que foi correspondente dende o  ano 1.914. Publicou a obra de contos XENTE QUE VAI E VÉN

(   Ed. Manuel Docampo Pego, 1.983) onde se recolleron diferentes contos que el fora emitindo nas ondas de Radio Estrada.

Scroll ao inicio
Ir o contido