- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » Cultura » Premios literarios » Premio de poesía Avelina Valladares
Menu
Close
Premio de poesía Avelina Valladares
O Concello da Estrada, comprometido e sensibilizado co proceso de creación cultural, desexan contribuír á difusión da lírica galega e, ao tempo, servir como estímulo para que novos autores e autoras percorran o complexo e, en ocasións, pouco agradecido camiño da poesía, esa arte literaria de minorías, que historicamente adquiriu en Galicia unha importancia superior ao resto dos xéneros.
Do mesmo xeito, tamén se pretende perseverar no cultivo da lingua galega como sinal de identificación e diferenciación de Galicia e principal patrimonio cultural da nosa comunidade.
Por último, e non menos importante, búscase colaborar coa divulgación da vida e da obra da poeta estradense Avelina Valladares, auténtica precursora, xunto co seu irmán Marcial, do cultivo literario da lingua no século XIX, determinante no rexurdimento do noso idioma como vehículo artístico.
Bases para a XXIX Edición do Premio de Poesía Avelina Valladares
PRIMEIRA
Poderán concorrer ao premio todas as persoas autoras, agás os gañadores das últimas cinco edicións, de calquera nacionalidade, que presenten os orixinais escritos en lingua galega acorde coa normativa oficial vixente. Os textos presentados deberán ser inéditos.
SEGUNDA
Os orixinais presentaranse por quintuplicado acompañados dun CD ou pendrive, onde se incluirá a obra en formato PDF. O tema e a forma serán libres, mais os textos deberán contar cun mínimo de 300 versos e cun máximo de 800. Deberanse remitir, antes do 31 de xaneiro de 2025, ao seguinte enderezo: XXIX Premio de Poesía Avelina Valladares, Concello da Estrada, praza da Constitución, 1, 36680 A Estrada, Pontevedra.
TERCEIRA
Con cada orixinal, que se deberá entregar baixo lema, xuntarase nun sobre pechado o nome completo, a copia do DNI, o enderezo e o teléfono do autor ou autora.
Presentarase na plica unha declaración xurada en que se indique que a persoa que concorre ao premio está ao corrente das súas obrigas tributarias e coa seguridade social, que non está incursa na prohibición da percepción de obrigas públicas e, en xeral, que cumpre os requisitos do artigo 13 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.
CUARTA
A dotación económica será de 2.000 €, que se outorgarán indivisiblemente nun único premio e suxeito ás retencións que, no seu caso, procedan.
O premio poderá xestionarse por tramitación anticipada de gastos, co obxecto de iniciar a tramitación no exercicio 2024, e adxudicar (disposición de gastos) e recoñecer o importe da obriga con cargo aos orzamentos de 2025, en concreto, na aplicación orzamentaria 2025/01/330/48100.
QUINTA
O xurado estará composto por cinco membros escolleitos/as entre recoñecidas figuras do mundo da cultura. Cada un dos grupos políticos representados na corporación propoñerá un membro. Contará tamén cun/cunha secretario/a, con voz e voto, en representación do Concello da Estrada. O premio entregarase por maioría de votos.
SEXTA
A composición do xurado darase a coñecer no día, lugar e hora que se comunicarán oportunamente.
SÉTIMA
Unha vez emitida a resolución do xurado, abrirase a plica gañadora no curso dun acto público que se desenvolverá na data e lugar que se anunciarán oportunamente.
OITAVA
As presentes bases publicaranse na web municipal http://www.aestrada.gal, na app do Concello e nas súas redes sociais.
O extracto da convocatoria desta subvención publicarase na Base de Datos Nacional de Subvencións (BDNS). Posteriormente, a BDNS dará traslado do extracto desta ao Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra para a súa publicación.
NOVENA
O Concello da Estrada resérvase o dereito de publicar os traballos premiados en formato físico e dixital, nunha antoloxía creada para tal efecto, sen apercibimento de dereitos de autoría e compensando ás persoas autoras con exemplares do volume que, no seu día, se puider editar. De a persoa autora publicar a obra, deberase facer referencia ao premio obtido neste certame.
DÉCIMA
Os textos non premiados poderanse retirar no Departamento de Cultura do Concello da Estrada nun prazo de quince (15) días, contados a partir do día seguinte ao da comunicación do xurado.
Para a retirada dos textos cómpre que o autor ou autora pidan cita e presenten unha solicitude previa de retirada (ao correo-e cultura@aestrada.gal). Na dita solicitude deben indicar o nome do autor e o nome da plica e a obra, sendo necesario que se identifiquen no momento da recollida. Aqueles textos que non se retiren no prazo indicado serán destruídos, sen que caiba ningunha reclamación ao respecto. O Concello da Estrada non manterá correspondencia cos autores e autoras dos traballos presentados, nin asume responsabilidade ningunha pola eventual perda dalgún orixinal.
UNDÉCIMA
A participación nesta convocatoria requirirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases, así como das decisións do xurado designado, que serán inapelables.