varias

varias

Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025

Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025 PRAZO DE INSCRICIÓNDende o 16/12/2024 ata o 23/12/2024 (Ambos incluídos) REQUISITOS PARA PARTICIPAREstar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anosO critrerio de selección de participantes establecerase por número de rexistro de entrada LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDEDepartamento de Servizos Sociais en horario de 9:00 a 14:00 ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada DATAS DA ACTIVIDADEDende o 13/01/2025 ata 31/03/2025 (ambos incluídos) HORARIOS / GRUPOSLuns de 09:15h a 10:00hLuns de 16:30h a 17:15hLuns de 19:30h a 20:15hMércores de 09:15h a 10:00hVenres de 09:00h a 09:45hVenres de 09:45h a 10:30h Nº DE ALUMNOS POR SESIÓNMínimo 7 alumnos/sesión e máximo 12 alumnos/sesión DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR Á SOLICITUDECERTIFICADO DE DISCAPACIDADE (se fose o caso) Descargar solicitude.

varias

XIV Milla San Silvestre Estradense e IV San Silveira

XIV Milla San Silvestre Estradense e IV San Silveira A Estrada Deporte, organiza como todos os anos unha dobre opción para despedir o 2024 facendo actividade física.As duas probas son de carácter lúdico non competitivo e solidario, con recollida de alimentos non perecedeiros para Cáritas Parroquial A Estrada a cambio do dorsal. IV SAN SILVEIRA A partir das 9:00h, retirada de dorsais na Praza do Concello. Descargar información completa XIV MILLA SAN SILVESTRE ESTRADENSE A partir das 16:00h, retirada de dorsais na Praza do Concello Descargar percorridos Descargar información completa Inscricións de balde en ambas probas: Dende o xoves dia 5 de Decembro ata o venres día 27 de Decembro de 2024 a través daweb: https://emesports.es/eventosFacendo constar: Nome – Apelidos – Data nacemento.

varias

Programación Nadal 2024-2025

Programación Nadal 2024-2025 Proposta de programación nadal 2024/25 5 de decembro– Acendido da iluminación de Nadal Praza do Concello ás 19,45h 8 de decembro– Inauguración do Belén da Igrexa parroquial de San Paio ás 18,00h 20 de decembro– Os Bregadiers na rúa Calvo Sotelo, Serafín Pazo e Prazoleta ás 18,30h– Concerto de nadal do omm Carlos Barruso no Teatro Principal ás 21,00h 21 de decembro– Mercado de Nadal de productos estradenses no Novo Mercado– Festival de nadal Escola Banda Mpal no Teatro Principal ás 12,00h– Contos arredor da terra, diante da Sala Abanca ás 18,30h h– Concerto de nadal Coral Polifónica Estradense no Teatro Principal ás 20,30h 22 de decembro– Concerto de Panxoliñas a cargo de Musikenos no Teatro Principal ás 12:00h– Bandullo Azul, Filipa no Nadal, na rúa Calvo Sotelo (Galerías San Antón) ás 18:30 h 23 de decembro– Pasarrúas Elfos polas rúas do centro da vila ás 18,30h– Maxia con David Maestro na Porta do Sol ás 18,30h– Gala entrega Premios do Deporte no Teatro Principal ás 20,00h 24 de decembro– Mercado de Nadal de productos estradenses no Novo Mercado– San Silvestre Acuática na piscina climatizada ás 12,00h– CABALGATA DE PAPÁ NOEL ás 18,00h 26 de decembro– Os Bolechas, Cantares de nadal no Teatro Principal ás 12,00h– Bandullo Azul, Historias dun mundo grande, na Sala Abanca ás 18,30h 27 de decembro– Presentación da Miscelánea no mome ás 19,00h– Fin de ano coas Lerchas e o Padre Xiao no Teatro Principal ás 20,30h– Aparato de bolas ACOE 28 de decembro– Rondalla do Centro Cultural a Merced de Chaín ás 13,00h– Concerto de Moa Trío na Zona dos Viños ás 13,30h– Brassica Rapa na rúa Calvo Sotelo ás 18,30h– Carme Sempre Túa no Teatro Principal ás 19,00h 29 de decembro– Paco Nogueiras, Brinca Vai, diante da Sala Abanca ás 18,30h– Concerto de Coros Parroquiais na Igrexa ás 17,00h– BG de Pontevedra, “entradiñas de aninovo” no Teatro Principal ás 19,30 h 30 de decembro– Rudolf, el musical no Teatro Principal ás 17,30h e 19,30 h– Maxia con David Maestro na Praza do Mercado ás 18,30 h 31 de decembro– San Silveira BTT. Saída dende a Praza do Concello ás 09:30h– Carreira de San Silvestre. Ás 17:00 h no Concello 2 de xaneiro– A vendedora de fume na Sala Abanca, ás 18,30 h 3 de xaneiro– Os Fabulosos Cleaners (Malasombra T.) no Teatro Principal ás 12:30 h– CatroPés (Animacreques) na rúa Principal, ás 18:30h 4 de xaneiro– Galega de Bailables Pasarrúas polas rúas do centro da vila ás 13,00h– 7 Bubble, Menina na rúa Principal, ás 18:30h 5 de xaneiro– CABALGATA DE REIS ás 18:00h– Festa de Reis da Hostelería horario pendente de confirmación

varias

Pálido Punto Azul

Pálido Punto Azul Javier Otero DATA: 05-12-2024 (20.30h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Ópera contemporáneaDURACIÓN: 60 minPÚBLICO: +2 anosENTRADA: De balde (retirada previa no Dpto Cultura do Concello da Estrada) SINOPSE: “Pálido Punto Azul” é unha ópera contemporánea composta polo pianista estradense Javier Otero Neira con libreto de Iria Azevedo, que toma como punto de partida a famosa fotografía tomada pola sonda Voyager 1 en 1990 a unha distancia de 6.000 millóns de quilómetros da Terra. A ópera conta coa soprano Esperanza Mara e a performer Nerea Brey. O espectáculo reflicte o camiño das persoas que buscan a súa identidade nun tempo cambiante e polarizado.

varias

VI Gala do Deporte

VI Gala do Deporte O Departamento de Deportes , anuncia a VI Gala do Deporte do Concello da Estrada, que vai a celebrarse o luns día 23 de decembro as 20h no Teatro Principal.Na tarde do mércores reuniase o xurado, validando as nominacións para todas as categorías e aprobando de xeito unánime tres mencións honoríficas para esta edición. Os gañadores de cada categoría e as mencións honoríficas faranse públicos na mesma gala.A que será a festa do deporte estradense deste ano 2024, xa coñece o premio a traxectoria, que recaerá no Club Deportivo Estradense que este ano celebra o seu 100 aniversario!!!!!A entrada é de balde, pero por motivos de aforamento é necesario retirar o convite no departamento de deportes no 4° andar no Concello. As entradas para o publico en xeral estarán dispoñibles a partir do luns dia 9, despois da asignación das mesmas os clubs e deportistas.

varias

Radio Estrada  participou  no   cumio de   240  emisoras  de radio locais  que reafirman a  súa vontade de  cooperar en rede a escala global

Radio Estrada  participou  no   cumio de   240  emisoras  de radio locais  que reafirman a  súa vontade de  cooperar en rede a escala global A Asociación de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA) exerceu de anfitriona  do encontró, que  se celebrou  en  Santiago  de  Compostela,  no que  tamén participan representantes de EMA RTV (Andalucía), RTV Cardedeu La Xarxa (Cataluña) e a Rede de Medios Comunitarios A sesión de traballo, que comezou o martes e prolongouse durante toda a  xornada do  mércores na  sede do  Consello  da  Cultura  Galega,  busca amplificar o impacto da comunicación local a través da educación e o desenvolvemento sustentable A sede do Consello da  Cultura Galega (CCG) acolleu  desde o martes e  durante toda  a  xornada do  mércores un  encontro histórico con  representantes de  240  emisoras de  radio de  todo  o Estado español co obxectivo de  reafirmar  a  súa vocación  de  traballar  en  rede  para  ter  incidencia  a  escala  global, pero    sen  perder  as  raíces  locais;   aliñar   estratexias   conxuntas,  intensificar   a colaboración e aproveitar sinerxias. O encontro, organizado pola Asociación de Emisoras Municipais Galegas (EMUGA), conta  coa  participación de EMA RTV (Andalucía), RTV Cardedeu La Xarxa (Cataluña) e a Rede de  Medios Comunitarios (ReMC),  que  subliñan a importancia de  reforzar os medios locais como ferramentas para  o cambio social e ambiental. O programa incluíu na tarde  do martes un acto  no que  Henrique Sanfiz, secretario de EMUGA, destacou a colaboración entre  entidades autonómicas e estatais como  clave para  lograr un impacto real. “Somos 240 radios, moi pequenas, que,  se bailamos soas, chegamos  a  poucos  sitios,  pero,   se bailamos  todos  ao  mesmo paso  na  mesma dirección, podemos aspirar a poñer  un grao  de  area para  cambiar o mundo”, afirmou. Tamén subliñou  a  necesidade  de  combinar  enfoques  globais  e  locais  no  proxecto Onda ODS, baixo o lema “de medios locais a medios glocais”. Insistiu en que esta iniciativa  é  “multicultural  e  multilingüe,  defendendo  a  lingua  e  a  cultura  de   cada territorio”. Pola súa parte, Xesús Domínguez, tenente de alcaldesa do Concello de  Santiago de Compostela, deu a benvida aos participantes e salientou a relevancia da comunicación de proximidade: “Cando viaxamos buscamos descubrir outras culturas, maneiras de pensar e linguas… Isto é o que  verdadeiramente enriquece a experiencia”. Domínguez agradeceu a presenza dos asistentes  e resaltou o papel  de  Santiago  como  punto  de encontro e reflexión. Rosario Álvarez, presidenta do Consello da  Cultura Galega, destacou o valor destas redes como  ferramentas de  cohesión nun  territorio tan  fragmentado como  Galicia. “O desenvolvemento sustentable non pode  esquecer a cultura; é o motor da sociedade e debe integrarse en todos os seus aspectos: humanísticos, científicos e tecnolóxicos”. Ademais, subliñou “a importancia dos dereitos culturais. A cultura é un dereito; poder desfrutar  a  cultura  da  túa  comunidade  e  recibir  cultura  debe ser un  dereito”.  Álvarez animou os presentes a fortalecer a colaboración entre  emisoras e asegurou o apoio do Consello para  seguir impulsando esta rede. Medios locais con impacto global Este encontro supón tamén o  punto  de  partida  para   unha  nova  etapa no  proxecto Onda  ODS  impulsado  pola  devandita  rede  de  emisoras  de  radio  locais,  que  no  ano 2025  chegará á súa terceira edición baixo o lema “De medios locais a medios glocais”. E na  que  como  cada ano  participará  Radio  Estrada para, en  declaracións  de  Pablo García,  vicepresidente   de   EMUGA.  “Dinamizar   e   poñer   en   valor   a   interesantes actividades que se desenvolven na nosa comarca”. Esta iniciativa,  desenvolvida  en  colaboración  co  Ministerio  de  Dereitos  Sociais  no marco  da Axenda  2030,  busca amplificar o impacto dos medios locais a través de tres liñas de acción que  combinan a educación, a formación profesional e a sensibilización cidadá. Estes son os obxectivos: Impulsar a conciencia climática na mocidade: A primeira  acción  estará centrada na  mocidade  de  16  centros educativos   de  cinco comunidades autónomas (dos cales dous son da Estrada). A través dun concurso radiofónico  estatal,  os estudantes reflexionarán  sobre o impacto  do  cambio  climático nas súas comunidades,  promovendo un  diálogo  interxeracional  e  unha  comprensión máis profunda deste desafío global. Formación en municipios rurais e vulnerables: En 16 localidades (unha  de incidencia directa de Radio Estrada) de ámbito rural e con maior vulnerabilidade social organizaranse coloquios radiofónicos destinados a comunicadores  e  xornalistas.  Estes  encontros tratarán temas  como   a  pobreza,  a igualdade de xénero e o cambio climático, co obxectivo de mellorar a calidade e a sensibilidade na cobertura mediática destes temas fundamentais. Campaña de sensibilización a nivel estatal: Lanzarase unha  campaña radiofónica e audiovisual dirixida a máis de dous millóns de persoas en  11  comunidades  autónomas. Esta  iniciativa  buscará dar  visibilidade  a políticas públicas, proxectos cidadáns e iniciativas privadas que contribúen ao cumprimentodos  ODS,   destacando especialmente  os esforzos  realizados  desde  o ámbito local e rural. Unha comunicación comprometida coas persoas e co planeta Os medios locais non son simples transmisores de información; son espellos das súas comunidades,  puntos de  encontro para  o  debate e  a  reflexión,  e  ferramentas  clave para  promover o cambio social. Desde esta perspectiva, o proxecto Onda  ODS e a colaboración  entre  redes como  EMUGA, EMA RTV, ReMC  e  XAL apostan por  unha comunicación  que  respecte a  diversidade  cultural  e  lingüística,  ao  tempo  que  actúe como motor de transformación social. Con esta nova  edición de Onda  ODS, estas emisoras propoñen dar un paso máis: converterse  en  plataformas  “glocais”  que   combinen  o  alcance  global  coas raíces locais,  garantindo  que  ningunha  comunidade  quede atrás na  loita  por  un futuro  máis xusto, igualitario e sustentable. Santiago  de   Compostela,  que   simboliza  o  encontro  de   camiños  e  culturas,  é  o escenario  perfecto  para  dar  forma  a  esta  nova  etapa. Desde aquí,  a  voz  das radios locais  e  comunitarias  segue a  abrir  camiños  cara  unha  sociedade  máis  consciente  e comprometida cos grandes retos que afrontamos como humanidade.

varias

Lago Comedy Club

Lago Comedy Club MIGUEL LAGOLAGO COMEDY CLUB DATA: 29-11-2024 (21.00h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Monólogo cómicoDURACIÓN: 85 minPÚBLICO: Público adultoENTRADA: 10,00€ (física) 11,80€ (ataquilla.com) SINOPSE: Máis de 50.000 espectadores gozaron no Teatro Alcázar de Madrid desta revolución do clásico show unipersonal no que Miguel demostra ser máis libre e irreverente que nunca. Lago, volve demostrar neste espectáculo por que é o gran referente da stand-up en España. A súa Comedy Club, ao estilo dos grandes clubs de Broadway é una homenaxe á comedia onde cada función é única. E é que o que pasa no club, queda no club, por iso en «LAGO», o público pode esperar o inesperado.

varias

Aviso de fenómenos meteorolóxicos adversos: nivel laranxa

Aviso de fenómenos meteorolóxicos adversos: nivel laranxa A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos que afectará a Galicia, segundo a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Este aviso é válido ata nova modificación do nivel de alerta. TIPOLOXÍA: CHUVIA: Nivel laranxa para as zonas de Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rías Baixas, Miño). Prevense acumulacións de ata 30 mm nunha hora e 80 mm en 12 horas.VENTO: Nivel laranxa para as zonas de Coruña (Oeste e Suroeste), Lugo (Mariña) e Ourense (Montaña), con refachos de vento de compoñente sur que poden alcanzar os 100 km/h.OUTRAS ZONAS AFECTADAS:Tamén se activa o nivel amarelo para: Chuvias: Coruña (Interior), Lugo (Centro e Sur), Ourense e Pontevedra (Interior).Vento: Coruña (Noroeste e Interior), Lugo (Centro, Montaña e Sur), e Pontevedra (Rías Baixas e Interior).RECOMENDACIÓNS:Ante esta situación, dende o Concello de A Estrada recomendamos: Evitar desprazamentos innecesarios durante as horas de maior intensidade do temporal.Revisar canalizacións, desaugadoiros e elementos exteriores que poidan supoñer un perigo en caso de vento ou chuvia intensa.Non estacionar vehículos en zonas inundables ou baixo árbores.Prestar especial atención a posibles desprendementos ou obxectos que poidan caer debido ao vento.Lembramos que en caso de emerxencia pode chamar ao 112. Para información actualizada, consulte as páxinas web: AEMET: https://www.aemet.es/es/portadaMeteogalicia: https://www.meteogalicia.gal/web/homeCIAE 112 Galicia: https://www.axega112.gal/Agradecemos a colaboración da veciñanza para minimizar os riscos e protexer a seguridade de todas as persoas.  

Scroll ao inicio
Ir o contido