- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » Camba Sanmartín, Xabier
Menu
Close
Camba Sanmartín, Xabier
Biografía
Naceu en Ouzande (A Estrada) no ano 1.967. Realizou os seus estudos de bacharelato no IES “Manuel Garcia Barros” da Estrada. Unha vez rematados estes licenciouse en Filología Galego- Portuguesa na Universidade Compostela. É profesor de Ensino Secundario e ao mesmo tempo desenvolve un grande labor como Monitor de Tempo Libre, participando moi activamente no movemento asociativo e cultural “A Fervenza” de Ouzande. Foi Presidente da “Asociación Cultural A Estrada”. Participou na Xunta Directiva da “Asociación de Tempo Libre Mistura”, formando na actualidade parte da súa “Escola”.
Foi autor da extensa unidade “A Nova Narrativa” dentro da HISTORIA DA LITERATURA GALEGA (ASPG-A Nosa Terra, 1.996) e ademais autor de A NOVA NARRATIVA. ANTOLOXÍA (ASPG –A Nosa Terra, 1.997).
Por outra parte colaboro unas seguintes obras: A EUROPA DAS LINGUAS. Achegamento á realidade lingüística basca, galega e bretoa (ASPG, 2.002) e na unidade didáctica CASTELAO E NÓS (ASPG, 2.000). Ademáis é un asiduo colaborador da revista “ Carreiros”, órgano de expresión da A. C. “Fervenza” de Ouzande (A Estrada). Tamén é partícipe na elaboración de dúas obras de ensino no Bacharelato Así temos: LINGUA E LITERATURA.1º BACHARELATO (Consorcio Editorial Galego, 2.003) e LINGUA E LITERATURA GALEGA. 2º BACHARELATO (Consorcio Editorial Galego, 2.003).