- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » Cabada Vázquez, Xosé Manuel
Menu
Close
Cabada Vázquez, Xosé Manuel
E autor de A pecadenta silenzosa, Ollo cos estudantes, Jovellanos en la pedagogia española, Rosiña de Tabeiros, …. Adoitaba firmar cos pseudonimos de ” Manuel de Vicenta ” e ” Rogueiber “.
Biografía
Bibliografía
Obras
Biografía
Manuel Cabada Castro, Paixón poética e militancia galeguista, Estudio biográfico sobre Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936) (O Castro, Sada, Edicios do Castro, 2001).
Xosé Manuel Cabada Vázquez (1901-1936) é un importante poeta e político galeguista do que ata agora non existe ningunha detallada biografía. Este volume pretende encher dalgunha maneira este baleiro, vencellando ó tempo a súa actividade as circunstancias sociais, políticas e ideolóxicas dunha época moi decisiva na historia do país galego.
Bibliografía
Datas dunha vida
1901
6 de decembro Nace no lugar de Barro, parroquia de Codeseda (A Estrada).
1918
Comeza en outono os estudos no Seminario de Santiago.
1923
Asiste á V Asemblea das “Irmandades da Fala” na Coruña. Primeiros poemas en galego.
Rematado o curso 1922-23 deixa o Seminario. En setembro, primeiro poema en castelán.
En outubro primeiros escritos en prosa galega e, despois, castelá.
1924
Morre en decembro a súa curmá Dora (Dorinda).
1925
De xaneiro a xuño cumpre o servizo militar en Pontevedra. En decembro morre a súa irmá Emilia.
1927
En outono regresa ó Seminario-Universidade Pontificia de Santiago. Socio do “Seminario de Estudos Galegos”.
1929
En outono é nomeado profesor auxiliar da Universidade Pontificia de Santiago.
1930
En abril asiste á VI Asemblea das “Irmandades da Fala”.
En xuño recibe a orde do diaconado. En xullo acada o título de mestre nacional.
1931
En xaneiro (ou primeiros de febreiro) aparece *Vagalumes*.
En abril é nomeado vocal do comité provisional da “Agrupación Nacionalista” de Santiago.
En xuño acada o título de licenciado en Filosofía e Letras (Sección Historia).
Ó 25 de xullo recita publicamente en Santiago o seu poema “No Día de Galicia”.
En setembro recibe a dispensa da orde do diaconado.
En outono comeza a súa docencia no Colexio dos Xesuítas de Vigo e asina a “Afirmación Católica dun Grupo de Nacionalistas”.
En decembro participa na asemblea fundacional do Partido Galeguista (I Asemblea) en Pontevedra.
1932
En febreiro profesor na “Academia Labor”, continuación do incautado colexio vigués dos xesuítas.
En outono profesor no novo Colexio Labor de Vigo.
En decembro é nomeado Secretario de Actas do “Grupo Galeguista” de Vigo e, pouco despois, Secretario de Actas tamén da II Asemblea do Partido Galeguista en Santiago.
1933
No verán asiste en Barcelona ós “Cursillos” para profesores.
En outono é nomeado profesor e director do Instituto Elemental de Medina de Rioseco (Valladolid).
1934
En outono é nomeado profesor do Instituto de Linares (Jaén) e, en decembro, director do mesmo.
1936
Morre en Linares o 2 de abril.
1962
En outubro traslado das súas cinzas á súa parroquia natal de Codeseda.
1969
Reedición facsímil de *Vagalumes*.
2002
O Concello da Estrada declara ó 2001 como *Ano Cultural Cabada Vázquez*.
Obras
Titulo: ¡Amor Ruibal no ha muerto!
Editorial: Faro de Vigo
Titulo: (J. Lamenu), Moxenas (I)
Editorial: El Emigrado
Titulo: (J. Lamenu), Moxenas (II)
Editorial: El Emigrado
Titulo: (J. Lamenu), Moxenas (III)
Editorial: El Emigrado
Titulo: Chamamento
Editorial: El Emigrado
Titulo: Ha muerto el sabio. Galicia debe consagrarle un grandioso homenaje
Editorial: Faro de Vigo
Titulo: La Fiesta Escolar de Tabeiros
Editorial: El Emigrado
Titulo: Obra completa. Poemas e outros escritos
Descripción: O volumen conten toda a obra escrita (en galego e castelan) do poeta e politico de Codeseda, tanto en verso como en prosa, incluidos naturalmente os poemas recollidos polo poeta no seu libro de versos Vagalumes de 1931, qué e so unha escolma dos poemas en galego publicados por Cabada Vázquez con anterioridade a esta data.
En conxunto os poemas contidos nesta edición, anteriores ou posteriores a , son case outros tantos como os contidos neste poemario.
Descripción: O volumen conten toda a obra escrita (en galego e castelan) do poeta e politico de Codeseda, tanto en verso como en prosa, incluidos naturalmente os poemas recollidos polo poeta no seu libro de versos Vagalumes de 1931, qué e so unha escolma dos poemas en galego publicados por Cabada Vázquez con anterioridade a esta data.
En conxunto os poemas contidos nesta edición, anteriores ou posteriores a , son case outros tantos como os contidos neste poemario.
Os escritos en prosa son colaboracións en revistas, xornais, etc., ademais do epistolario que se conserva.
O lector atopará cumprida información nas notas sobre as diversas publicacións nas que o correspondente escrito foi publicado, asi como sobre as posibles variantes nunha ou outra publicación.
Os estudiosos non só da literatura galega senón tamen da cultura e política galega das primerias décadas do século
X poden dispoñer así dun válido instrumento e dunha puntual axuda para un coñecemento máis exacto da nosa recente e concreta historía.
Título: O San Mauro de Codeseda, ¿Non te lembras?, Nosa señora da Grela.
Autor: Cabada Vázquez, Xosé Manuelo Conciliar Central
Título: Por tierras de Curantes
Editorial: El Pueblo Gallego
Título: Vagalumes. Versos Galegos.
Editorial: Imprenta, Libreria e Enc. do Seminario Conciliar Central.
Descripción: Ver na Biblioteca Virtual Galega – formato imaxe