Cultura

Brea, Mercedes

Biografía

Naceu na Estrada no ano 1.950. É licenciada en Filosofía e Letras (    Sección de Filología Románica) pola Universidade de Santiago de Compostela no ano 1.972,

Acadando o “    Premio extraordinario fin de carreira” e o “Premio nacional fin de carreira”.  É doctora en Filología Románica dende o ano 1.975,  acadando a cualificación de “   sobresaliente cum laude”. Comenzou a súa actividade docente  na Universidade Compostela no ano 1.973, sendo agregada interina e  posteriormente catedrática interina de dita Universidade. No ano 1.983 converteuse en Agregada numeraria da Universidade de Granada e no ano seguinte en Catedrática da mesma Universidade, inda que sempre estivo en comisión de servicios na Universidade de Compostela, na que pasará  a ser Catedrática de Filología Románica a partir do 1.986.

En todo este percorrer académico impartiu anualmente cursos de doutoramento e dirixiu numerosos Traballos de Investigación tutelados, así  como numerosas Memorias de Lcenciatura. É decana da Facultade de Filología de Santiago de Compostela dende o ano 2.000.

 

A título individual ten publicadas varias obras. Así temos. LÍRICA PROFANA GALEGO- PORTUGUESA. Corpus completo das cantigas medievais, con estudio biográfico, análise retórica e bibliografía específica (    Xunta de Galicia, 1.996). MARTÍN CODAX, MENDIÑO E JOHAN DE CANGAS (   Xunta de Galicia, 1.998) e A CANTIGA DE AMIGO (    Ed. Xerais de Galicia, 1.998), esta en conxunto co Pilar Lorenzo. Ademáis  foi coordinadora da obra CANTIGAS DO MAR DE VIGO. EDICIÓN CRÍTICA DAS CANTIGAS DE MEENDINHO, JOHAN DE CANGAS, E MARTÍN CÓDAX (    Xunta de Galicia, 1.998). Tamén son moitos os capítulos escritos en obras colectivas. Así temos: “   As cantigas da Ría de Vigo” en CANTIGAS DO MAR. HOMENAXE A JOAN DE CANGAS, MENDINHO E MARTÍN CÓDAX (   Fund. Barrié de la Maza, 1.998), “   E verra i, mia madre, o meu amigo” na obra DÍA DAS LETRAS GALEGAS 1.998. MARTÍN CÓDAX, MENDIÑO E JOHÁN DE CANGAS (   Universidade de Santiago de Compostela, 1.998), “   Os santuarios á beira do mar “ en JOHÁN DE CANGAS, MARTÍN CÓDAX, MEENDINHO. 1200- 1350, LÍRICA MEDIEVAL (    Ed. Xerais de Galicia, 1.998), “   As cantigas de Santa María” en

PROXECTO GALICIA (    Hércules Edicións, 2.000) e “   D. Xosé Filgueira Valverde e as Cantigas de Santa María” no MEMORIAL FILGUEIRA VALVERDE. ESTUDIOS SOBRE LÍRICA MEDIEVAL GALEGO- PORTUGUESA (    Cátedra Filgueira Valverde, 2.0029.

 

Asimismo son numerosos os seus artigos en Revistas coma “   Verba”,  “   Grial”,  Revista Galega do Ensino”, “   Revistas de Lenguas y Literaturas Catalana, Gallega y Vasca”… e tamén en misceláneas en homenaxe a diversas personalidades, sen esquecernos as súas “   comunicacións” en congresos internacionais.

 

Na actualidade está como investigadora principal no proxecto titulado “   O cancioneiro de xograres galegos”.

Obras:

Johán de Cangas, Martín Codax, Meendinho (Lírica Medieval: 1200-1350)

Autor: Brea, Mercedes
Xénero: Didactico
Editorial: Xerais
Páxinas: 115
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-8302-251-6
Descripción:
Edición especial para o Día das Letras Galegas 1998, ano de Johán de Cangas, Martín Codax e Meendinho, realizada por Edicións Xerais de Galicia e a Consellería de Cultura e Comunicación Social. Inclúe CD-Audio: “As melodías de Martín Códax” por “Vozes Alfonsinas”. Autores: Víctor F.Freixanes : “Territorios do Misterio”, Ramón Nicolás Rodríguez : “Cronoloxía”, Carlos Barros : “Donas e Xograres na Galicia Medieval”, Xosé Ramón Pena Sánchez : “O ciclo do Mar de Vigo” e “Textos e Fontes”, Manuel Pedro Berreira : “A Importancia do Pergamiño Vindel” e Mercedes Brea : “Os santuarios á beira do mar”.

 

Martín Codax, Mendiño e Johán de Cangas

Autor: Brea, Mercedes
Xénero: Didáctico
Editorial: Xunta de Galicia
Páxinas: 81
Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica
ISBN: 84-453-1731-8
Descripción:
Martín Códax, Mendiño e Johán de Cangas pertencen a ese grupo coñecido como “Xograres Galegos” que desenvolveron a súa actividade arredor da segunda metade do século XIII dos que a penas existe documentación e que compuxeron na súa maior parte cantigas de amigo. Johán de Cangas con tres composicións, Martín Codax con sete e Mendiño soamente con unha atraeron sempre a atención dos estudiosos

Scroll ao inicio
Ir o contido