Cultura

Barcia Caballero, Juan

Biografía

Naceu en Santiago de Compostela no ano 1.852. Estudou Medicina na Universidade de Santiago de Compostela, estudos que comezou no curso 69-70 e rematou no 1.873. Nesta época comeza o seu interese polas letras, a pesar que a súa primeira obra (en cautelán) non apareza publicada ata o ano 1.883. Rematada a carreira foi axudante de Anatomía ata que no 1.882 foi nomeado Director de “    Traballos Anatómicos”.O mundo literario e o profesional enfróntanse nel e de momento deixa en segundo plano a súa actividade cultural.

 

No 1.894 foi nomeado Catedrático de Anatomía da Universidade de Granada, que permutou no 1.897 pola do mesmo nome na universidade Compostela.

 

No 1.885 foi nomeado cirurxián do hospital de San Roque, no que máis tarde foi o seu director. A súa actividade académica e profesional foi moi intensa. As súas raíces na Estrada, que xa lle viñan de fins do século XVII,   da “    Casa de los Barcia”, situada en Piñeiro, na parroquia de San Miguel de Cora (    A Estrada) e na que intuímos que o xove Juan pasou varias estadías, especialmente na súa xuventude, a pesar de sabermos pouco desta etapa da súa vida, que el mesmo ocultou abondo. Pero estas estadías deixaron unha fonda pegada nel, especialmente na súa obra literaria. Finou en Santiago no ano1.926

 

Como literato tocou case todos os xéneros, empregando o galego eo castelán. A súa obra poética RIMAS (    A Coruña, 1.891) xa nos amosa as súas principias tendencias futuras nun “ galego fino”, como o definiu Ricardo Carvalho Calero. O poema máis coñecido   desta obra é “   O arco da vella”, que xa fora premiado nun certame de Vigo do ano1.881. Outros poemas deste libro son: “    A Serán”, “    ¡Miña terra!”… Contén ademáis poemas devotos, satíricos e líricos, estes últimos moi influídos por Rosalía de Castro No ano1.986 publicouse unha obra conxunta de tres “   Juan Barcia” so ó título de,  SALTEIRO (    Graf. Saler, 1.986), onde aparecen os poemas de tres membros da familia Barcia. Juan Barcia Caballero, o seu fillo Juan Barcia Eleicegui e Juan José Barcia Goyanes. Nesta obra aparecerán recompilados os seus poemas (   os de RIMAS) e algún máis, onde temos que salientar o extensísimo poema titulado “   A Virxe d´Aránzazu” en honra á Vires que dá titularidade á Capela do Val do Vea.

Scroll ao inicio
Ir o contido