Nome do autor:admin

varias

Nova canle de comunicación para a xuventude de A Estrada: apoio, asesoramento e representación

Nova canle de comunicación para a xuventude de A Estrada: apoio, asesoramento e representación  O Concello de A Estrada presenta unha nova canle de comunicación creada para ser o espazo de apoio e representación da mocidade estradense. Nesta canle, a xuventude atopará todo o asesoramento necesario para a tramitación de axudas específicas, como as de alugueiro, o carné de conducir, ou para mellorar as súas habilidades nas entrevistas de traballo. Como ben comenta a nosa concelleira de xuventude, o obxectivo é ofrecer un lugar onde os mozos e mozas se sintan verdadeiramente representados. A través desta canle, non só poderán resolver dúbidas, senón tamén facer chegar as súas suxestións e compartir as súas inquedanzas, contribuíndo a que as súas voces sexan escoitadas e atendidas. Este novo espazo quere ser, en definitiva, un punto de encontro para impulsar o seu desenvolvemento persoal e profesional, estando sempre ao seu carón para ofrecerlle apoio no que precisen. https://aestrada.gal/wp-content/uploads/2024/10/xuventude.mp4

varias

Queres participar no programa integrado de emprego que estamos a impulsar desde A Estrada?

Queres participar no programa integrado de emprego que estamos a impulsar desde A Estrada? O Concello da Estrada, participa xunto cos concellos de Cuntis, Caldas de Reis, Barro, Portas e Moraña na posta en marcha dun novo programa integrado de emprego co obxeto de mellorar a insertabilidade das persoas en situación de desemprego do noso municipio. O obxectivo destas actividades será potenciar a inserción laboral, así como mellorar as competencias de ditas persoas, á vez que supón un paso adiante na colaboración entre concellos de cara a fortalecer o noso tecido social e produtivo, optimizando servizos e mellorando a calidade dos mesmos. O programa focalizará o seu traballo na atención dos seguintes colectivos, que son os que presentan maior dificultade para insertarse no mercado laboral: – Persoas menores de 30 anos en situación de desemprego e cunha baixa cualificación. – Persoas desempregadas maiores de 45 anos. – Persoas con discapacidade. – Persoas en situación de risco de exclusión social – Persoas beneficiarias de RISGA. Nesta edición poderán participar ata 100 persoas que reúnan algún dos requisitos sinalados anteriormente. O programa inclue a realización de accións formativas, todas eles cunha alta porcentaxe de empregabiliade así como a realización de prácticas en empresas e finalmente a inserción laboral total. As formacións levaranse a cabo entre Cuntis e A Estrada e serán totalmente gratuítas para as persoas seleccionadas. Inclúen desde cursos de carretilla; loxística; supermercado; prevención de riscos laborais; ata formacións directamente relacionadas cos oficios como son a fontanería, a soldadura ou a electricidade. Ademáis cada alumno/a poderá gozar dunha bolsa para gastos. Para poder participar podes inscribirte na Oficina de Emprego e manifestar que queres participar no PROGRAMA INTEGRADO DE EMPREGO, se o prefires podes facelo directamente a través do departamento de emprego; tes dúas maneiras: 1) Acudir presencialmente ao departamento de emprego en horario de 9.00 a 14.00 horas sen necesidade de cita previa. 2) Descargar o seguinte formulario; cumprimentalo, asinalo e presentalo directamente a través do noso enderezo electrónico: aedl@aestrada.gal indicando no asunto PIE ou traendo directamente ás nosas oficinas; departamento de emprego- 1º andar. FORMULARIO SOLICITUDE PARTICIPACIÓN PIE Se precisas máis información chámanos ao teléfono 986 677 740 en horario de 9.00 a 14.00 horas!

varias

“O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada”

“O único que verdadeiramente quixen toda a vida é ser delgada” Esther F. Carrodeguas (Butaca Zero) DATA: 31-10-2024 (20.30h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: MonólogoDURACIÓN: 50 minPÚBLICO: Adultos (venda anticipada Concello)ENTRADA: 5,00€ SINOPSE: Finalista do I Concurso de Monólogos da SGAE, esta proposta, dirixida por Xavier Castiñeira e interpretada por Esther Carrodeguas aborda cunha sinceridade brutal e humor irónico a relación da actriz co seu corpo, marcada pola gordofobia que se respira en calquera esquina da nosa sociedade da fermosura.

varias

Musa – Sabucedo

Musa – Sabucedo PROGRAMA: 09.45 h.​Andaina comentada da Ruta de Sabucedo.​​Saída dende o curro novo. Recollida de cogumelos e castañas durante o paseo. 12.00 h. ​Xuntanza no Muíño do Mestre. Apertura do Mercadiño de Proximidade e produtos con indicativo de calidade de Galicia. 12.30 h. ​III Concurso Infantil “Coñecendo o meu pobo”, con agasallos para os participantes. Bases na web da Rapa. 12.40 h. ​Obradoiros de Pan e Filloas. 13.00 h. ​Charla-Coloquio no Muíño do Mestre. “A Literatura Oral no ciclo do Pan” con José Mª Leal Bóveda, historiador e investigador da USC.Conexión Sabucedo-O Grove 13.30 h.​Aperitivo Musical a cargo do grupo “Airiños de Caldelas”. 14.30 h. ​Xantar na carpa do Campo do Medio con productos da Terra de Montes. 16.00 h. ​Sobremesa Musical “Sabucedo tamén Canta” 16.30 h.​Obradoiro do Samaín para nenos ata 95 anos: Calacús, candeas, vestimentas, maquillaxe.. e entrega de Premios do Concurso Infantil “Coñecendo o meu pobo”. 16.45 h.​Charla con degustación: “Té Galego, alternativa no Rural”, a cargo de Carmen Salinero, presidenta da SEC, Sociedade Española da Camelia. Na carpa exterior. 17.45 h.​Presentación-coloquio do proxecto cultural GALICIA LATENTE. No Muíño do MestrePresenta: Eduardo de Martís, creador do proxecto. 20.00 h. ​Procesión da Santa Compaña 20.30 h.​Lectura dos Responsos dedicados aos mortos en vida durante a elaboración da Queimada purificadora no curro vello. 21.00 h. ​Noite do Samaín. Magosto a carón do Teleclube 21.30 h.​Teatro de Monicreques. “Barriga Verde” de Títeres Alakrán 23.30 h.​Concerto de “Raúl y Cía”… e festa rachada

varias

Información relativa ó Plan Municipal de Prevención de Incendios do Concello da Estrada

Información relativa ó Plan Municipal de Prevención de Incendios do Concello da Estrada Para información dos interesados e propietarios dos terreos afectados, publícase a ligazón para o acceso ó mapa de faixas de prevención de incendios do Concello da Estrada: https://www.google.com/maps/d/viewer?mid=1NKUEoQVwxm0sh1bQpypNLUYpUCSYOAM&ll=42.71075884016666-8.459063450308628&z=12 Facilítase igualmente a ligazón para a consulta da lexislación vixente en materia de incendios, a Lei 3/2007, de 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, en especial os artigos 21 e 22 de dita norma e a Disposición adicional terceira, na que se determinan as especies a efectos da xestión da biomasa vexetal: https://www.boe.es/buscar/act.php?id=BOE-A-2007-10022 Facilítase ligazón ó visor das faixas de prevención na que localizar a parte afectada utilizando a referencia catastral da parcela. https://mapas.xunta.gal/visores/faixas/

varias

Unidade Móbil – Doazón Sangue

Unidade Móbil – Doazón Sangue O venres 29 de novembro das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 30 de novembro das 10:00 ás 15:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:

varias

Programación semanal

Programación semanal BAGAXE Arturo Cobas “Nono” e Natalia “Pajarito” DATA: 25-10-2024 (21.00h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: ClownDURACIÓN: 55 minPÚBLICO: Público familiarENTRADA: 5,00€ (retirada previa no Dpto. Cultura) SINOPSE: Arturo Cobas e Natalia Outeiro “Pajarito” únense para crear un tenro espectáculo, onde cada maleta contén unha sorpresa, unha historia, unha nova aventura por descubrir. Mais, que pode saír mal cando se trata dunha combinación tan explosiva como a de dous artistas coa súa propia bagaxe emocional? A TOUPIÑA QUE QUERÍA SABER QUEN LLE FIXERA AQUILO NA CABEZA A Xanela do Maxín DATA: 26-10-2024 (12.00h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Comedia infantilDURACIÓN: 45 minPÚBLICO: +2 anosENTRADA: 3,00€ SINOPSE: A Toupiña saía do seu tobo e algo lle caeu na cabeza, a modo de pucho cheirento, converténdose en A Toupiña que quería saber quen lle fixera aquilo na cabeza. Daquela, percorrerá a granxa investigando -moi indignada- cal dos animais que alí viven lle fixera semellante agravio: a pomba, o cabalo, a lebre… Un best seller infantil convertido nunha divertida peza teatral. VIVA LA ZARZUELA! Escola Municipal de Música da Coruña DATA: 26-10-2024 (20.00h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: ZarzuelaDURACIÓN: 60 minPÚBLICO: Todos os públicosENTRADA: 3,00€ (retirada previa no Dpto. Cultura) SINOPSE: O concerto Viva la zarzuela fai un repaso por clásicos da zarzuela como “El barberito de Lavapiés”, “Los claveles” ou “La verbena de la paloma”. No concerto intervén una representación do alumnado de canto lírico da Escola Municipal de Música da Coruña

varias

A Estrada inaugura unhas pistas de atletismo de nivel mundial

A Estrada inaugura unhas pistas de atletismo de nivel mundial Este luns celebrouse a tan esperada inauguración das novas pistas de atletismo de A Estrada, unha infraestrutura de referencia que marca un fito para o deporte local e galego. Estas instalacións, consideradas “das mellores do mundo” polo atleta olímpico Adrián Ben, representan un salto cualitativo que permitirá aos deportistas locais mellorar os seus adestramentos e competir en condicións óptimas. O evento contou coa presenza de autoridades como o conselleiro de Presidencia, Diego Calvo, o conselleiro de Cultura Jose Lopez o presidente da Deputación de Pontevedra, Luis López, e o presidente da Federación Galega de Atletismo, Iván Sanmartín, quen destacou o potencial destas pistas para acoller probas de nivel nacional e internacional. As palabras de Adrián Ben, finalista olímpico e campión de Europa, resoaron con forza entre os asistentes, recordando o esforzo que supón para moitos atletas non contar con infraestruturas axeitadas. “Sodes moi afortunados de ter estas pistas, algo do que moitos non puidemos gozar nos nosos inicios”, afirmou Ben, poñendo en valor a oportunidade que teñen os novos deportistas de A Estrada. O alcalde, Gonzalo Louzao, subliñou o carácter pioneiro desta infraestrutura, agradecendo a colaboración entre administracións que a fixeron posible, e resaltou a implicación histórica dos clubs de atletismo locais, coma o Atletismo A Estrada e o Club Atletismo Independiente (CAI), así como o antigo San Paio, que impulsaron esta demanda hai máis dunha década. Estas pistas de atletismo, equipadas para a práctica de varias disciplinas, comezarán a súa actividade oficial o próximo luns, cando deportistas locais e veciños poderán gozar delas seguindo as normas de uso e preferencia establecidas. Con esta nova infraestrutura, A Estrada consolídase como “capital galega do deporte”, dando un paso máis no seu compromiso co fomento da práctica deportiva e a organización de eventos de alto nivel.

varias

San Tomé de Ancorados prepárase para celebrar o Samaín

San Tomé de Ancorados prepárase para celebrar o Samaín “San Tomé de Ancorados prepárase para celebrar o Samaín, unha das festas máis esperadas do ano, o vindeiro venres 1 de novembro. A partir das 21:30 horas, a carpa abrirá as súas portas para unha noite chea de tradición, música e diversión. Poderase gozar do saboroso porco á brasa, cocktails especiais, e vivir a maxia da procesión da Santa Compaña. A música correrá a cargo de Son das Tabernas, a partir das 22:00 horas, e DJ Carramón desde as 00:30 horas. O Samaín tamén contará cun túnel do terror, a recreación dun cemiterio no campo da festa, premios aos mellores disfraces e o clásico sorteo de agasallos. Non faltará o pulpeiro para completar esta xornada terrorífica. Non perdades esta cita imprescindible!”

varias

Nova ambulancia para o servizo de Emerxencias de A Estrada

Nova ambulancia para o servizo de Emerxencias de A Estrada É un pracer anunciar a incorporación dunha nova ambulancia ao servizo de Emerxencias de A Estrada, un recurso vital que garante a atención sanitaria de calidade á nosa comunidade. Esta Renault Master, adquirida por 80.000 euros con fondos do programa +Provincia da Deputación de Pontevedra, substitúe á anterior unidade que estivo en servizo durante dez anos. Durante o último ano, a nosa ambulancia realizou 819 saídas, destacando a importancia deste servizo non só en A Estrada, senón tamén en municipios cercanos como Forcarei e Cerdedo. Cun equipo profesional de 19 efectivos e un convenio co 061, estamos comprometidos co benestar e a seguridade dos nosos veciños. Agradecemos a todos os que fixeron posible esta adquisición e reafirmamos o noso compromiso de seguir mellorando os servizos de emerxencias no noso Concello.

Scroll ao inicio
Ir o contido