Nome do autor:admin

varias

Aviso de fenómenos meteorolóxicos adversos: nivel laranxa

Aviso de fenómenos meteorolóxicos adversos: nivel laranxa A Dirección Xeral de Emerxencias e Interior informa dun episodio de fenómenos meteorolóxicos adversos que afectará a Galicia, segundo a previsión da Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET). Este aviso é válido ata nova modificación do nivel de alerta. TIPOLOXÍA: CHUVIA: Nivel laranxa para as zonas de Coruña (Noroeste, Oeste, Suroeste) e Pontevedra (Rías Baixas, Miño). Prevense acumulacións de ata 30 mm nunha hora e 80 mm en 12 horas.VENTO: Nivel laranxa para as zonas de Coruña (Oeste e Suroeste), Lugo (Mariña) e Ourense (Montaña), con refachos de vento de compoñente sur que poden alcanzar os 100 km/h.OUTRAS ZONAS AFECTADAS:Tamén se activa o nivel amarelo para: Chuvias: Coruña (Interior), Lugo (Centro e Sur), Ourense e Pontevedra (Interior).Vento: Coruña (Noroeste e Interior), Lugo (Centro, Montaña e Sur), e Pontevedra (Rías Baixas e Interior).RECOMENDACIÓNS:Ante esta situación, dende o Concello de A Estrada recomendamos: Evitar desprazamentos innecesarios durante as horas de maior intensidade do temporal.Revisar canalizacións, desaugadoiros e elementos exteriores que poidan supoñer un perigo en caso de vento ou chuvia intensa.Non estacionar vehículos en zonas inundables ou baixo árbores.Prestar especial atención a posibles desprendementos ou obxectos que poidan caer debido ao vento.Lembramos que en caso de emerxencia pode chamar ao 112. Para información actualizada, consulte as páxinas web: AEMET: https://www.aemet.es/es/portadaMeteogalicia: https://www.meteogalicia.gal/web/homeCIAE 112 Galicia: https://www.axega112.gal/Agradecemos a colaboración da veciñanza para minimizar os riscos e protexer a seguridade de todas as persoas.  

varias

Campamentos de Nadal 2024-2025

Campamentos de Nadal 2024-2025 A QUEN VAI DIRIXIDO: A rapaces e rapazas con idades comprendidas entre os 3 e 12 anos(escolarizados) e empadroados no Concello da Estrada. DATAS E HORARIO: 23,24,26,27,30 e 31 de decembro e 2, 3 e 7 de xaneiro. En horario de 8:30 a 14:30. PRAZAS: 30 rapaces/as nas instalacións de SOEI e 15 rapaces/as no Espazo Concilia. LUGAR DE CELEBRACION: Instalacións de SOEI Espazo Concilia (Novo Mercado) PRAZO DE INSCRICIÓN: do 2 ó 13 de decembro (ambos incluídos) COTA DE INSCRICIÓN: O prezo será de 30€ por participante O segundo membro da unidade familiar terá un desconto do 20% (24€ ), e a partir do terceiro membro da unidade familiar será gratuíto. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: As solicitudes de inscrición deberán presentarse no Departamento de Servizos Sociais do Concello da Estrada (en horario de 9:00 a 14:00 horas de luns a venres) ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada (https://aestrada.sedelectronica.gal). A documentación a presentar xunto coa solicitude, é a seguinte: Libro de familia (só si solicita bonificación por 2º/3º irmán participante) Fotocopia do xustificante de ocupación laboral: 2 últimas nóminas, certificado de vida laboral ou último recibo de cota á S.S. no réxime especial de traballadores por conta propia. Descargar ficha de inscrición. No caso de que o nº de solicitudes supere a previsión de prazas, atenderanse as solicitudes segundo o seguinte orde de prioridades: Familias atendidas que conten con ditame de bonificación por razóns de risco. Familias nas que os seus pais, titores ou gardadores dos menores inscritos acrediten atoparse traballando durante o período de inscrición da actividade. Rapaces e rapazas que acrediten a condición da familia numerosa ou monoparental. Orde de entrada das solicitudes.

varias

Concerto de Santa Cecilia

Concerto de Santa Cecilia Banda Municipal da Estrada DATA: 23-11-2024 (20.00h)LUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: ConcertoDURACIÓN: 60 minPÚBLICO: Todos os públicosENTRADA: De balde (retirada anticipada Concello) SINOPSE: Un ano máis, a Banda Municipal da Estrada, dirixida polo Mestre Álvaro Varela, réndelle tributo á súa patroa cunha xeira de pezas que tocan xéneros tan diversos como a zarzuela, o pasodobre, xotas e a canción galega. A agrupación xuntará sobre o escenario a preto de 70 intérpretes.

varias

VII Mostra de Teatro Escolar

VII Mostra de Teatro Escolar A Asociación Cultural “Vagalumes”, con motivo da conmemoración do aniversario de Olimpio Arca Caldas e dentro do noso compromiso coa continuidade do seu labor de renovación pedagóxica e dinamización cultural, presentamos a VII Mostra de Teatro Escolar que leva o nome do homenaxeado. O mestre Olimpio Arca entendía o teatro como un complemento fundamental da docencia, así que lle deu un espazo primordial nas súas aulas.As xornadas celebraranse no Teatro Principal da Estrada durante os días 26 e 27 de novembro ás 18:30 h, co seguinte programa: Martes, 26 de novembro, ás 18:30 h: CEIP do Foxo: “Xoana a sombra bulebule”CEIP Figueiroa: “Bailamos ?”CEIP Villar Paramá: “FERMOSA”.CEIP Oca: “O Mago de Oca”IES Avelina Valladares: – “O Tesouro do Castro”. Mércores, 27 de novembro, ás 18:30 h: CEIP Cabada Vázquez: “Porque o valgho eu!”CEIP Pérez Viondi: “ A bolboreta Arlequina”IES Antón Losada Diéguez: “A vida é un cásting”IES Manuel García Barros: “Wombo Combo” Sen dúbida, o teatro na escola é unha actividade moi importante para o desenvolvemento persoal e emocional do alumnado, idóneo para mellorar a capacidade comunicativa, para fomentar actitudes solidarias e de traballo cooperativo, para incrementar a creatividade e o sentido estético, para mellorar a integración no grupo e ao mesmo tempo avanzar na autonomía persoal… Convidamos a toda a veciñanza a asistir ás xornadas de teatro Olimpio Arca para gozar do teatro e apreciar o talento dos rapaces e rapazas, así como o do profesorado que os dinamiza e que se implica nun proxecto que, aínda que é emocionante e divertido, require moito esforzo e dedicación. A entrada é libre e gratuíta.

varias

Unidade Móbil – Doazón Sangue

Unidade Móbil – Doazón Sangue   O venres 25 de outubro das 10:00 ás 14:00 e das 16:00 ás 21:00 horas e o sábado 26 de outubro das 10:00 ás 15:00 horas na Praza do Concello. A Axencia Galega de Sangue, Órganos e Tecidos (ADOS) subministra compoñentes sanguíneos a todos os hospitais de Galicia. Cada día, as doazóns de sangue recollidas nos locais de doazón e nas 10 unidades móbiles que percorren os concellos galegos envíanse ás dependencias de ADOS para o seu procesamento, análise e distribución. Cada día os hospitais galegos precisan entre 400 e 500 doazóns de sangue para manter a súa actividade, e a súa colaboración é fundamental. No seguinte código QR encontrará información sobre a doazón de sangue e os requisitos de saúde para participar:

varias

Programación semanal

Programación semanal IPHIXENIA NA PORTA DO SÚPERCompañía Humana DÍA: Venres 15 novembroHORA: 21.00h Iphixenia, unha “nini” de barrio, pasa os días nun bucle de alcohol e apatía dando voltas polas rúas da súa vila. Unha noite coñece un tío distinto dos demais e comeza a sentir unha sensación estraña, como de non estar soa. A partir de entón, unha serie de circunstancias alleas levará a protagonista a sufrir unha grande perda. Se no mito clásico Iphixenia era sacrificada polo seu pai Agamenón para contentar os deuses e proseguir coa guerra de Troia, nesta traxedia dos nosos días é a propia protagonista quen decide sacrificarse e converter o seu sufrimento en xenerosidade cara á sociedade que a marxina.       CONCERTO DE STA CECILIABanda Cultural da Estrada DÍA: Sábado 16 novembroHORA: 20.30hLUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Música de bandaDURACIÓN: 60 minIDADES: Todos os públicosIDIOMA: GalegoPREZO: Entrada libre ata completar a capacidade da sala SINOPSE: A Banda Cultural da Estrada celebra o seu tradicional concerto de Sta Cecilia cun repertorio variado e un fragmento do concerto de Aranjuez en homenaxe a Raúl Villar, trombonista da banda falecido recentemente. O concerto será dirixido por Ricardo Oliver e Saúl Liñares.   ENCONTRO FOLK LUME NA LAREIRA DÍA: Domingo 17 novembroHORA: 18.00hLUGAR: Teatro Principal da EstradaXÉNERO: Música popular e tradicionalDURACIÓN: 150 minIDADES: Todos os públicosIDIOMA: GalegoPREZO: 5,00€SINOPSE: Esta edición do mítico festival contará coas actuación da Asociación de Acordeóns de Lalín, as cantareiras e pandereteiras de Maianas, as acordeonistas de Alborada, o grupo Black Mammy, os acordeonistas Christo e Andrea e Lume na Lareira. O evento estará presentado por Julio González e contará coa colaboración das Lerchas.

varias

Convocatoria Premios Literarios

Convocatoria Premios Literarios  O Concello da Estrada vén de convocar parte dos seus premios literarios dos que xuntamos as bases de participación.As bases dos distintos premios están dispoñibles nas seguintes ligazóns:  PREMIO DE NOVELA MANUEL GARCÍA BARROS PREMIO ALBERTE QUIÑOI DE ÁLBUM ILUSTRADO PREMIO DE POESÍA AVELINA VALLADARES

varias

O programa +Convivir reforza o asociacionismo na Estrada

O programa +Convivir reforza o asociacionismo na Estrada Este domingo, A Estrada foi escenario dunha nova edición do programa +Convivir, unha iniciativa da Deputación Provincial de Pontevedra que reuniu preto de 900 persoas nunha xornada dedicada a celebrar e fortalecer o tecido asociativo local. O evento, que tivo lugar no pavillón anexo ao Coto Ferreiro, contou coa presenza do presidente da Deputación, Luis López; o conselleiro de Cultura, Lingua e Xuventude, José López Campos; o alcalde da Estrada, Gonzalo Louzao, e o deputado Javier Tourís, entre outras autoridades. O presidente da Deputación subliñou a importancia do movemento veciñal na dinamización da vida social e cultural, destacando o compromiso do organismo provincial co apoio ás múltiples actividades promovidas polas asociacións. “Contamos con vós, poñemos recursos á vosa disposición e queremos camiñar xuntos para construír unha provincia mellor, máis xusta, integradora e unida”, afirmou Luis López, poñendo en valor a aposta pola área de Acción Comunitaria nos próximos orzamentos. A xornada incluíu unha charla formativa sobre o alzhéimer, un obradoiro de risoterapia e unha sesión de traballo funcional, pechando cunha actuación musical e unha degustación de produtos locais. Este encontro forma parte do programa +Convivir, que percorreu municipios como Poio, Cambados e Cuntis, reafirmando o seu obxectivo de crear lazos e dinamizar as comunidades veciñais. A Estrada séntese orgullosa da implicación dos seus veciños e dun tecido asociativo forte que contribúe a construír un entorno máis unido e participativo.

varias

Actividades para a prevención da dependencia 2025

Actividades para a prevención da dependencia 2025 O Departamento de Servizos Sociais deste Concello, ten previsto dar continuidade o Programa de Actividades dirixidas a peroas maiores de 50 anos, ou persoas con discapacidade que non cumpran o requisito da idade.As actividades iniciaranse ao longo do ano 2025, coma se veñen desenvolvendo nos últimos anosO prazo de inscripción para participar no programa de Actividaes de Prevención da Dependencia 2025 permanecerá aberto dende o 13 ata o 29 de novembro (ambos incluidos) REQUISITOS PARA PARTICIPAR Estar empadroado/a no Concello da Estrada e ser maior de 50 anos ou contar con valoración de discapacidade. (33% ou máis) As actividades que se van a ofertar son• Actividade de Xerontoximnasia• Taller de Memoria• Actividade de Pilates ÁMBITO URBANOManteranse as actividades/horarios e grupos que se están desenvolvendo • Xerontoximnasia máximo 20 persoas por grupo• Pilates máximo 20 persoas por grupo• Memoria máximo 10 persoas por grupo As persoas interesadas en participar deberán anotarse antes do 29 de novembro AMBITO RURAL As parroquias que durante o ano 2024 tiveron actividade, durante o ano 2025 manterase a mesma actividade, (so se cambiará no caso de que o decida a maioría) e mantendo o horari, sempre e cando se cumpra o requisito do número mínimo de 8 participantes. As persoas interesadas deberán anotarse antes do 29 de novembro As parroquias que non tiveron actividade e queren formar grupo, poden facelo, con un mínimo de 8 persoas, e a actividade será a demandada pola maioría. Deberán formar grupos antes do 29 de novembro LUGAR DE PRESENTACIÓN DA SOLICITUDE Departamento de servizos sociais en horario de 9:00 a 14:00Ou a través da sede electrónica do Concello da Estrada Nº DE PERSOAS POR GRUPOMínimo de 8 persoas por parroquiaNo caso de que o número de solicitudes supere a previsión de prazas por grupo, atenderanse as solicitudes segundo a seguinte orde de prioridades: 1. Persoas empadroadas no concello2. Orde de entrada das solicitudes DOCUMENTACIÓN QUE DEBE ACOMPAÑAR A SOLICITUDE:– CERTIFICADO DE DISCAPACIDADE SE FOSE O CASO Descargar ficha de inscrición. Para máis información poden dirixirse ó Departamento de Servizos Sociais (de luns a venres en horario de 9 a 14:00) ou chamando ó teléfono 986 573 265.

Scroll ao inicio
Ir o contido