- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » Garrido Couceiro, Xoán Carlos
Menu
Close
Garrido Couceiro, Xoán Carlos
Biografía
Naceu na Estrada no ano 1.965. Realizou os seus estudos primarios eo Bacharelato na Estrada, e posteriormente licenciouse en Filosofía e Ciencias da Educación na Universidade de Santiago de Compostela.
Cursou o doutoramento en Antropología. Foi responsable comarcal do Sindicato Labrego e Director da “ Editorial Fouce”. Ten participado en Ponencias na “Semana Galega de Filosofía” e no “Congreso Castelao”. Foi membro do consello de Redacción da Revista “Contrarretranca” Tamén foi membro da “Asociación Cultural A Estrada” durante dúas decadas.
A nivel individual comezou publicando a obra MANUEL GARCÍA BARROS. LOITANDO SEMPRE (Ed. Fouce, 1.995). para continuar con O PENSAMENTO DE CASTELAO (A Nosa Terra, 2.000) e MANUEL GARCÍA BARROS (Ed, Fervenza, 2.002), así como tamén foi autor da edición crítica O PENSAMENTO GALEGUISTA DA POSGUERRA (A Nosa Terra, 1.997). Últimamente publica a obra teatral FALANDO CON BALAS
(Ed. Fervenza, 2.004).
A nivel colectivo ten publicado colaboracións nas máis variadas obras, Así temos: “O concepto de nación en Castelao” nas ACTAS DO CONGRESO CASTELAO (Universidade de Santiago de Compostela, 1.989); “Castelao: nazón e alineación” en O PENSAMEMTO GALEGO NA HISTORIA (Universidade de Santiago de Compostela, 1.990); O pensamento galeguista (o ensaio filosófico de posguerra)” en HISTORIA DA LITERATURA GALEGA (ASPG- A Nosa Terra, 1.996); “Roberto Blanco Torres” en OS MÁRTIRES DO 36 (A Nosa Terra, 1.996); “Propostas metodolóxicas para o estudio do poder local na Galicia. Dos últimos anos da Restauración” en PODER LOCAL, ELITES E CAMBIO SOCIAL NA GALICIA NON URBANA (Universidade de Santiago de Compostela, 1.997); “A democracia na Galiza” en ROBERTO BLANCO TORRES, O COMBATE INCESANTE (A Nosa Terra, 1.999); “O teatro militante de Varela Buxán” en MANUEL DANIEL VARELA BUXÁN. O PATRIARCA DO TEATRO GALEGO (Seminario de Estudios Deza, 2.000); “A imposible victoria de Chinto Crespo” en O SINDICATO DE AGRICULTORES DE TEIS (Asoc. Veciñal de Teis, 2.000), “As causas da crueldade” en MURGUÍA, REVISTA GALEGA DE HISTORIA (Asoc. Galega de historiadores, 2.004) e “Na Estrada entre labregos e agrarios” en PEDRO REY. A PARROQUIA RETRATADA ( Xunta de Galicia-Universidade de Santiago de Compostela, 2.004). Ademais foi colaborador de dúas obras para o ensino: FILOSOFÍA. 1º BACHARELATO (Promocións Culturais Galegas, 2.000) e FILOSOFÍA. 2º BACHARELATO ( Promocións Culturais Galegas, 2.001).
Tamén os seus artigos en diferentes revistas son numerosos, destacando os inseridos nas revistas “Terra e Tempo” e Contrarretranca”.