Cultura

Couceiro Bugallo, Xosé

Biografía

Naceu en Santo André de Souto (A Estrada) no ano 1.963. Estudou na Estrada e máis en Santiago de Compostela, cousa que mesturou cos traballos de cotío, na casa de labranza na que se criou. Se hai dúas cousas que envirtaron o seu espírito artístico foron por unha banda un galano que certo día lle avasallaron: unha gaita. Foi o estudo da gaita o que o levou a querer saber e a amar sen condicións a Galiza e en particular á terra que o viu nacer. Xa na postdictadura, nos seus anos de bacharelato, compuxo os seus primeiros escritos en galego e cofundou o primeiro grupo de música tradicional chamado “Airiños da Baiuca”. Dende aquela sempre estivo activo no mundo músico-cultural, colaborando na fundación, e sobre todo na didáctica, de máis dunha ducia de formacións, hoxendía vixentes as máis delas. Compuxo varias pezas para gaita e algún cantar. Na actualidade exerce como instrutor de música tradicional, maiormente de gaita e como artesán.

A partir dos anos 90 está a abondar un pouco máis na escritura. A súa obra permanece case toda inédita. É autor da obra lírica titulada O MEU BRADO MAINIÑO (Ed. Fervenza, 2.004).

O meu brado mainiño

o meu brado mainino

 

Autor: Couceiro Bugallo, Xosé

Editorial: Edicións Fervenza

Descripción: Escolleita de poemas inéditos, de anos para atrás, complemento ás súas actividades artísticas, que sempre estiveron relacionadas coa música.

Scroll ao inicio
Ir o contido