- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » Blanco Valdés, Roberto
Menu
Close
Blanco Valdés, Juan Luis
Biografía
Nace na Estrada no ano 1.960, no seo dunha familia de marcada tendencia liberal e con nomeados intereses culturais. Cursou o ensino primario e o bacharelato na súa vila natal, marchando logo a Compostela. Licenciado en Filoloxía Hispánica no 1.982 e rematando Filoloxía Galego – Portuguesa dous anos máis tarde. Na actualidade é Técnico Editorial da Universidade Compostela e Secretario da súa comisión de Publicacións, e Profesor do Departamento de Lingua Española da UNED de Pontevedra.
É patrono do “ Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela”.
A súa primeira obra publicada está enmarcada dentro do ensaio; así temos, LÉXICO EDITORIAL CASTELÁN-GALEGO ( Universidade de Santiago de Compostela, 1.993), HIPERTENSIÓN CÍVICA. Aproximación á vida e á obra de Roberto Blanco Torres ( Ed, do castro, 1.998), ROBERTO BLANCO TORRES ( Xunta de Galicia, 1.999) e ROBERTO BLANCO TORRES ( 1.891 – 1.936) : Unha fotobiografía ( Ed. Xerais de Galicia, 1.999), para a continuación publicar dúas obras líricas: OS SIGNOS, AS MUDANZAS ( Deput. Provincial de Pontevedra, 2.001) e RUÍNAS ( Follas Novas, 2.003).
Tamén son moi a ter en conta os seus artigos e colaboracións, moi especialmente aqueles que teñen como tema central ao seu tío, Roberto Blanco Torres, publicados nas máis variadas revistas culturais, como. “ Verba “, “ Boletín Galego de Literatura”, Revista Galega do Ensino”, “ Grial”, “ A Estrada. Miscelánea histórica e Cultural “, “ Tabeirós Terra”…
Tamén foi o autor go “ Limiar” á obra de Olimpio Arca, UNHA VOZ, MARY ISAURA (Asoc. Fillos e Amigos da Estrada, 2.001).
Hipertensión civica Aproximación á vida e a obra de Roberto Blanco Torres Autor: Blanco Valdés, Juan Luis Xénero: Ensaio Editorial: Ediciós do Castro Colección: Documentos Páxinas: 398 Encuadernación: Rústica ISBN: 84-7492-905-9 Descripción: Roberto Blanco Torres foi unha das máis orixinais voces poéticas da súa xeración e verbo da súa actividade de constante axitación social, un nome absolutamente cimeiro do xornalismo de oponión en Galicia. O presente libro pretende rescatar e ofrecer ó ollo público a dimensión do seu labor intelectual, ético no xornalismo, estético no verso. | |
Os signos, as mudanzas Autor: Blanco Valdés, Juan Luis Xénero: Poesía Editorial: Deputación de Pontevedra Colección: Tambo Páxinas: 54 Tamaño: 54 Encuadernación: Rústica ISBN: 84-8457-068-1 | |
Roberto Blanco Torres Autor: Blanco Valdés, Juan Luis Xénero: Biografía Editorial: Xunta de Galicia Colección: A nosa memoria Páxinas: 123 Encuadernación: Rústica ISBN: 84-453-2373-3 Descripción: “…Periodista, cronista dunha difícil época, esforzado defensor dunha terra sempre necesitada de homes entregados á súa defensa e desenvolvemento, Roberto Blanco Torres non é menos por iso un sensible poeta e escritor, dunha calidade, entusiasmo e profundidade que o fan digno merecedor da homenaxe, da honra e do estudo de tódolos galegos amantes da súa lingua…” (Manuel Fraga Iribarne) | |
Roberto Blanco Torres. Xornadas de alerta e agonía Autor: Blanco Valdés, Juan Luis Xénero: Ensaio Editorial: Xerais Colección: Letras Galegas Páxinas: 109 Encuadernación: Rústica ISBN: 84-8302-356-3 Descripción: Neste libro colectivo, preparado por Juan L.Blanco Valdés, Xosé Manuel Núñez Seixas, Ramón Nicolás Rodríguez e Marcos Valcárcel López, ofrécense catro asequibles análises que pretenden actualizar e situar no seu xusto lugar e dimensión creativa e humana a Roberto Blanco Torres e máis o tempo que lle tocou vivir. | |
Ruínas Autor: Blanco Valdés, Juan Luis Xénero: Poesía Editorial: Follas Novas Colección: Libros da Frouma Páxinas: 82 Encuadernación: Rústica ISBN: 84-85385-78-0 Descripción: RUÍNAS dun tempo ido, dun momento que xa é pasado, do recendo dalguén a quen amamos e xa non nos pertence. Tecemos o noso poema, grandioso ou miserento, apaixonado ou rendido do noxo, sobre ruínas disfrazadas de presente, galgando, sen mirar atrás, a lombos da esperanza de renacernos como o fénix… |