- O Concello
- Cultura
- Turismo
- Deporte
- Urbanismo
- Servizos Sociais
- Servizo de atención temperá
- Actividade musicoterapia xerontolóxica
- Programa “+Benestar” 2024 (Antigo Depotermal)
- Actividade de Piscina para persoas maiores terceira quedan 2024
- Curso de capacitación dixital
- Actividade de “Baile Galego para maiores de 60 anos”
- Actividades para a prevención da dependencia 2025
- Campamentos de Nadal 2024-2025
- Actividade de piscina para persoas maiores primeira quenda 2025
- Servizos
- Trámites
Cultura
Home » Alonso Bernárdez, Xosé G.
Menu
Close
Alonso Bernárdez, Xosé G.
Biografía
Naceu na Estrada no ano 1.972. Realizou os seus estudos de bacharelato no IES “Manuel Garcia Barros” da Estrada, que rematou no ano1.991. A continuación encetou os estudos de Maxisterio, especialidade de Educación Infantil, en Santiago de Compostela, que rematará no 1.994, realizando a seguir estudos de Pedagogía, nos que se licenciará no 1.997, coa especialización de Intervención Socioeducativa.
Comenzará a súa andaina profesional en “ Caritas A Estrada” a través dos seus diferentes programas Socioeducativos e iniciativas de promoción do colectivo infantil e xuvenil. No ano 2.001 comezou os estudos de Doutoramento pola universidade Compostela no Departamento de Teoría e Historia da Educación- No ano 2.003 realiza o Máster en Desenvolvemento Local e Comarcal polo Universidade de Santiago de Compostela.
Nos últimos anos coordina o Programa de Dinamización Rural de Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, cunha especial dedicación á comarca de Tabeirós- Terra de Montes. Ten impartido Seminarios, conferencias e grupos de Formación en relación a temáticas varias, sempre en clave pedagógico-social, de animación socio-cultural, desenvolvemento e educación comunitaria, ou educación familiar, entre as máis significativas.
A nivel individual ten publicadas dúas obras, que sen froito da súa dedicación profesional, Así temos: EDUCACIÓN AMBIENTAL COMUNITARIA.
ANÁLISE DUNHA EXPERIENCIA EN CURSO ( Danú S.L. – Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, 2.000) e EDUCACIÓN COMUNITARIA E ANIMACIÓN RURAL ( Danú S.L. – Cáritas Diocesana de Santiago de Compostela, 2.001). Asimismo é autor de diferentes artigos, sobre todo no xornal “ El Faro de Vigo”, sempre tendo como referente o aspecto pedagógico e social.