Cultura

Sanmartín Sobrino, José

Nace na Estrada o 9 de xullo de 1934. Despois de estudia-lo bacharelato emigra a Caracas onde se integra nos colectivos de emigrantes. Fundador da asociación Fillos da Estrada, da Sociedad de Amigos de Santiago e delegado de cultura da Hermandad Gallega de Venezuela, cunha ampla actividade colabora en prensa artigos , revistas e radio.

No 1986 publica Un país llamado La Estrada, máis tarde Calles y plazas de A Estrada e A Estrada en el Camino de Santiago. Autodidacta e preocupado sempre pola súa terra, atesourou unha ben nutrida biblioteca que doou á súa vila, polo que foi nomeado Fillo Predilecto.

Scroll ao inicio
Ir o contido