Trámites

Outra normativa

Boletíns oficiais da Provincia, Xunta, Estado, Unión Europea, …

Deseguido figuran varias ligazóns de acceso libre e gratuíto, nas que se pode consultar diversa normativa, lexislación e información de interese para o cidadán.

  • UNIÓN EUROPEA
    Acceso ao Diario Oficial da Uníón Europea (DOUE, antes DOCE) series L e C en español.
    A serie “L” (Legislación) contén todos os actos lexislativos e regulacións (Directivas, Decisións, Regulamentos, etc.) de publicación obrigatoria por parte dos Tratados que establecen as Comunidades Europeas, así como outros actos.
    A serie “C” (Comunicacións e Informacións) recolle gran cantidade de información da Unión Europea, tal como as propostas da Comisión, xurisprudencia do Tribunal de Xustiza, preguntas escritas do Parlamento Europeo (xunto coas súas respostas), a cotización actual da unidade de conta europea (Euro, antes ECU), licitacións para produtos agrícolas e animais, o informe anual do Tribunal de Contas, información de oposicións para as Institucións da Comunidade, dictames do Comité Económico e Social, posicións comúns, etc.

    Acceso ao Suplemento de contratación do Diario Oficial da Unión Europea (DOUE, antes DOCE) serie S en español.
    A serie “S” contén as licitacions públicas (construción de proxectos de máis de 5.000.000 ecus, contratos de subministro de máis de 200.000 ecus e contratos incluídos nas normas do GATT cun valor de máis de 125.000 ecus.
Scroll ao inicio
Ir o contido