Cultura

Ventín Cerviño, Segundo

Biografía

Nace en Codeseda ( A Estrada) no ano 1.936, no seo dunha familia de labradores. Seu pai e dous irmáns seus foron fusilados en Zamora en decembro dese mesmo ano “ por ser uns ninguéns, uns canteiros con carné socialista”-

Mais non escollerá carreira de Letras, senón que Medicina ( “  quería ser rico coma os médicos e non morto de fame coma os poetas”). Alí  perdeu dous anos da súa vida estudando para algo que non era a súa vocación. Despois fai por libre a carreira de Maxisterio. O na Normal de Pontevedra. No ano 1.956 volta a Codeseda onde monta unha academia privada na casa de Vilas, onde el estudara. No ano 1.960 aproba as oposicións de Maxisterio. O seu primeiro destino foi á escola mixta de Armonda

( Campo Lameiro) onde pasou dous cursos. Despois pasará cinco cursos en Anllares do Sil, un pobo leonés e de alí voltou á escola mixta de Chacente ( Campo Lameiro). No ano 1.976 inaugúrase o Colexio Público onde exercerá como sub-director e cinco anos despois será director. Participará en todo tipo de actividades e exercerá dos máis diversos cargos, como Secretario de Cámara Agraria, correspondente do I.N.S.S., teniente de alcalde, secretario da sociedade de caza e do Club de fútbol… Finalmente trasladarase ao C.P. Isidora Riestra de Poio, de onde pasará a ser profesor de Lingua Española no IES dese mesmo concello, ata que se xubila no ano 2.001.

A pesar de pasar case toda a súa vida escribindo, normalmente para os seus alumnos e tamén para os seus compañeiros, será pouca a súa obra que se verá publicada, permanecendo polo tanto case toda esta obra inédita ata o momento. Ademais moita da súa obra está en castelán, tamén sen publicar.

Cómpre salientar o seu relato de Literatura Infantil e Xuvenil O REI DE OVISTERRE ( Edit. Edelvives, 1.992) que acadou algo impensable para moitas obras escritas no noso idioma, unha tirada de 4.000 exemplares vendidos. Polo que respecta á lírica, teremos que destacar a obra INSTANTES DE  SENTIMIENTO ( Edición do propio autor, 1.993) que  está formada por poemas en castelán e en galego.  Concretamente os poemas en galego, que acadan a 3ª parte da obra, están so o título de “ Versos para miña terra”. Permanecen inditas pequenas pezas de teatro, coma: “ Biografía da primavera en catro tempos”, “ A fuga a Exipto”, “ A nova mestra”… e asimesmo relatos coma: “ O coelliño”, “ A deusa do mar”

Obra

Auto de Nadal
Autor: Ventin Cerviño, Segundo
Editorial: Edicións Fervenza

Descripción: Pequena peza teatral, que coma ben nos presenta no título, describe o nacemento da figura de Xesús de Nazaret.

auto de nadal
O rei de Ovisterre Autor: Ventin Cerviño, Segundo
Editorial: Edelvives
Páxinas: 45 Tamaño: x cms.
Encuadernación: Rústica

Scroll ao inicio
Ir o contido